13.07.2021 / Ayudas y Subvenciones
BONO AUTONOMOS - CHEQUE IGAPE DIXITALIZACIÓN COVID

Axudas para a mellora da competitividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, dunha axuda do 80% da actividade subvencionable cun límite de 3.000€ de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.
BENEFICIARIOS: Poderán ser beneficiarias das axudas:
1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade de empresarial ou profesional por un prazo superior a 42 meses, que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados en IRPF anual inferior a 30.000€ e unha facturación mínima anual de 12.000€, IVE incluído, na declaración referida de 2020.
2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio en Galicia, que teñan unha persoa autónoma societaria, cunha antigüidade de maneira ininterrompida por un prazo superior a 42 meses, que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000, IVE incluído, na declaración de referencia do 2020. Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades 2019, inferior a 30.000€ (recadro 552) referida a declaración 2019.
LIÑAS DE ACTUACIÓN
LIÑA 1 – Mellora competitividade a través dos servizos: Investigación de mercado, plan de márketing, plan de comunicación de negocio, plan estratéxico do negocio, plan de crecemento, plan de reorientación, plan de transformación dixital, plan de refinanciamento, así como, outros que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.
LIÑA 2 – Mellora competitividade a través dos investimentos: Compra de maquinaria, útiles e ferramentas, reforma do local de negocio, equipamentos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web, creación do logotipo do negocio, mobiliario.
PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes será ata o próximo día 12 de agosto de 2021. Serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2021 e durante o período subvencionable, en todo caso, ata o 31 de decembro. O pagamento dos gastos xustificativos, deberá terse realizado antes do 31 de decembro do ano 2021
OBRIGAS: Destaca permanecer de alta no RETA ou mutualidade, durante un tempo mínimo de dous anos desde a solicitude da subvención, salvo cesamento por causas alleas a súa vontade. Estar ao día das obrigas tributarias, dispor dos libros contables, conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, e dar publicidade ao financiamento recibido.

IGAPE – AXUDAS A PROXECTOS DE DIXITALIZACIÓN COVID-19
O Igape publica o programa Cheques Dixitalización Covid-19, coas axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo Covid-19, subvencionando proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais.
BENEFICIARIOS:
a) Pequenas empresas que desenvolvan a súa actividade en calquera do sector servizos
b) As seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades laborais e, centros especiais de emprego.
c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, agrupacións industriais, colexios profesionais, asociacións sindicais ou cámaras.
PROXECTOS en calquera das seguintes categorías:
- Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out
- Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario, xestión de citas
- Sistema de control de estado sanitarios. Cámaras específicas, pulseiras
- Sistemas de control de normas de calidade Covid-19
- Sistemas e aplicacións baseados en Low code automation
- Sistemas de catálogos diarios efémeros, sistemas de xestión de pedidos efémeros, notas de pedido.
- Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos
- Sistemas de notificación en móbil, sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría
- Sistemas de balizas
- Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados pola Covid-19
- Adaptación da presenza na internet para o efecto do Covid-19, mediante elementos como bots de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas de pick and go e outros similares
- Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo
- Solucións de mellora da ciberseguridade
- De maneira excepcional, outros que poidan axudas á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.
GASTO SUBVENCIONABLE
Serán subvencionables os investimentos e gastos que estean vinculados ao proxecto e que se materialicen nos conceptos que se relacionan a continuación:
a) Activos dos seguintes tipos:
- Equipos informáticos, sensórica, wearables e outro equipamento electrónicos
- Licenzas de software estándar de mercado
- Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural
b) Gastos de subscrición a software como servizo estándar de mercado, do importe aboado durante o período subvencionable
c) Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e persoalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.
A suma do gasto subvencionable nas letras a) e b) non superará os 10.000€. O máximo de gasto subvencionable no punto c) será de 4.000€
Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500€ e os 12.000€ de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas.

CONDICIÓNS DOS PROXECTOS E CONTÍA DA AXUDA
O prazo de presentación de solicitudes de axuda rematará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
O prazo de execución dos investimentos subvencionables abranguerá dende o 1 de outubro de 2020 e ata a data máxima de execución, 15 de novembro de 2021. Os proxectos deberán estar implementados e en uso na entidade ao final do prazo de execución.
A contía da axuda será do 80% dos importes indicados, co límite máximo de 9.600€ por empresa.
O aboamento do 50% do importe da axuda realizarase anticipadamente unha vez concedida a subvención
OBRIGAS: Destacamos entre as obrigas, executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido, manter os investimentos adquiridos en propiedade, durante 3 anos desde ter recibido o pagamento da subvención, someterse as actuacións de comprobación que efectúe o Igape, manter un sistema de contabilidade separado, comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, proceder ao reintegro dos fondos percibidos, no suposto de incumprimento, etc.
Quedamos a súa disposición para ampliar información sobre esta ou outras convocatorias de axudas e subvencións que poidan resultar do seu interese.
Atentamente,



En Ferrol a, 13 de xullo de 2021
CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal