06.05.2021 / Ayudas y Subvenciones
ESTRATEXIA DIXITAL E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL

OBXECTO: Promover a implantación e pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal.
PRAZO PRESENTACIÓN: Ata o 4 de xuño de 2021
BENEFICIARIOS: As persoas físicas ou xurídicas, comerciantes retallistas ou obradoiros artesáns que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, empreguen a menos de vinte traballadores, que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE consideradas subvencionables.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: As realizadas entre o 1 de decembro de 2020 e o 29 de outubro de 2021
1. A porcentaxe de subvención será do 80% dos seguintes investimentos máximos subvencionables:
a) Deseño e implantación de páxinas web e web de venda en liña:
- Implantación de páxinas web de venda en liña, 4.000€ (IVE excluído)
- Implantación de páxinas web, 1.000€ (IVE excluído)
- Actualización de páxina web, 800€ (IVE excluído)
b) Para a implantación de ferramentas de xestión, sistemas integrados e software adecuados ás necesidades da empresa, ata 3.000€ (IVE excluído)
c) Para as actuacións de comunicación, publicidade e marketing 4.0 en internet ou utilizando novas tecnoloxías, 16.000€ (IVE excluído), cos seguintes límites:
- Mellora da imaxe comercial, 4.000€ e publicidade en medios dixitais, 2.000€ (IVE excluído)
- Marketing 4.0 en internet ou utilizando novas tecnoloxías, 6.000€
- Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager), 4.000€ (IVE excluído)
- Para a participación en eventos efémeros ou feiras dixitais, 1.000€ (IVE excluído)
- Para gastos loxísticos e de transporte de envíos en liña a domicilio ou punto de entrega da persoa consumidora, o investimento máximo será de 1.000€ (IVE excluído)
- Para a loxística e-commerce sustentable, no quilometro cero, de 1.000€ (IVE excluído)

O investimento máximo subvencionable para o conxunto das actuacións de dixitalización será de 26.300€ (IVE excluído)

2. Adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, en todo caso, de primeiro uso. Para o conxunto destas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 10.000€ (IVE excluído) e a porcentaxe máxima de subvención será do 80%.

Non se consideraran gastos subvencionables a adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, TV, maquinaria propia de procesos industriais, a materia prima, e aqueles que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS: Manter os investimentos subvencionados durante un período de dous anos dende a concesión, realizar a publicidade requirida dos fondos recibidos, estar ao día, cumprir o obxectivo e executar o proxecto, someterse as posibles actuacións de control, dispoñer dos libros contables e conservar os documentos xustificativos, entre outros.

Quedamos a seu dispor, para ampliar información sobre estas ou outras axudas públicas, que poidan resultar de interese.

Atentamente,

En Ferrol a, 6 de maio de 2021

CENDAL ASESORES, SL

EPÍGRAFES DO IAE SUBVENCIONABLES

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.
643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.
645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.
647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).
651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1).
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).
656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, artigos e útiles ordinarios de uso doméstico.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659. Outro comercio polo miúdo.
665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos ou servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
255.2. Fabricante de xabóns de toucador e produtos de perfumaría.
253.6. Fabricante de aceites esenciais e substancias aromáticas.
41. Industria de produción de produtos alimenticios.
421. Industria de cacao, chocolate e produtos de confeitaría.
43. Industria téxtil.
44. Industria do coiro.
45. Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.

Descargar documento adjunto

© Cendal