01.03.2021 / Ayudas y Subvenciones
SUBVENCIÓNS XUNTA DE GALICIA

SUBVENCIONS XUNTA DE GALICIA
1. SUBVENCIONS CONSELLERÍA EMPREGO E IGUALDADE
a. Persoas traballadoras autónomas (TR500A)
b. Microempresas (TR500B)
c. Sector Hostalaría (TR500C)
d. Outras actividades pechadas (TR500D)
2. AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA
a. Axencias de Viaxe REACT-UE – Gastos desenvolvemento (TU983C)
b.    Axencias de Viaxe REACT-UE – Gastos establecemento (TU983F)
************************************************************
1. SUBVENCIÓNS CONSELLERÍA EMPREGO
a. PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (TR500A)

BENEFICIARIOS E OBXECTO: Serán beneficiarios desta subvención, entre outros, persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime do mar, con domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan un alta anterior ao 30/03/2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45%.
Entenderase por actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70%.
IMPORTE DAS AXUDAS:
a) 1.200€ para as persoas que acrediten unha baixada entre o 45% e o 60%
b) 2.000€ para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60% e de menos do 70%
c) 3.000€ para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70%
A baixada de facturación calcularase comparando os datos da facturación anual de 2020 cos de 2019.
OBRIGAS ESPECÍFICAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
1. Manter a alta no RETA un tempo mínimo de 2 meses, ata o 18 de abril
2. Presentar os indicadores de resultado inmediatos
3. Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda e os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos. 
b. MICROEMPRESAS (TR500B)
BENEFICIARIOS E OBXECTO: Fixar os criterios para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e das persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo en Galicia, e que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45%.
Excepcionalmente, poderán ser beneficiarias as empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e o volume de facturación non sexa superior a 2 millóns de euros no 2020 e que presenten un descenso de facturación do 60%. Entenderase por actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70%.
IMPORTE DAS AXUDAS: O importe das axudas determinarase en función dos seguintes:
- 4.000€ cando se acredite baixada de facturación entre o 45% e o 60%
- 5.000€ cando se acredite unha baixada de máis dun 60% e de menos do 70%
- 6.000€ cando se acredite unha baixada de facturación igual ou superior ao 70%
A baixada de facturación calcularase comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.
A dita cantidade incrementarase ata 3.000€ en función do número de persoas traballadoras por conta allea:
- 1.000€ se teñen de 4 a 9 traballadores
- 2.000€ se teñen de 10 a 20 traballadores
- 3.000€ se teñen de 21 a 25 traballadores
OBRIGAS ESPECÍFICAS DAS PERSOAS BENEFICIARIA: Entre as obrigas específicas destaca manter a actividade económica e o emprego ata o 18 de agosto.
O prazo para realizar a solicitude dos programas TR500A e TR500B é ata o próximo día 18 de marzo.
c. HOSTALARÍA (TR500C)
BENEFICIARIOS E OBXECTO: Persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes do sector da hostalaría con domicilio fiscal en Galicia. Afectados polos supostos de peche de establecemento, ou no caso de aloxamentos, polo peche perimetral do concello en que se sitúen.
Entenderase que está afectado polo peche, aquel establecemento que non poida ter aberto ao público o interior do mesmo, independentemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida.
IMPORTE DAS AXUDAS: Determinarase en función da data do peche do establecemento ou do concello en que se sitúen:
-  Establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021: axuda única de 1.900€
-  Establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021: axuda única de 2.200€
-  Establecementos pechados, en virtude de varias normativas, axuda única de 2.700€
No caso de que ocupen 10 ou máis traballadores incrementarase en 1.000€.
d. OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS (TR500D)

OBXECTO E BENEFICIARIOS: Persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria de Galicia. Excluídos os beneficiarios do programa TR500C.
IMPORTE DAS AXUDAS: Determinarase en función da data do seu peche, do seguinte xeito:
-  Establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021: axuda única de 1.900€
-  Establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021: axuda única de 2.200€
-  Establecementos pechados, en virtude de varias normativas, axuda única de 2.700€
No caso de que ocupen 10 ou máis traballadores incrementarase en 1.000€.

O prazo de solicitude dos programas TR500C e TR500D vai ata o próximo día 23 de marzo.

2. SUBVENCIÓNS AXENCIA TURISMO DE GALICIA
a. AXENCIAS DE VIAXE TU983C - DESENVOLVEMENTO NORMAL DA ACTIVIDADE
OBXECTO: Contribuír ao desenvolvemento da normal actividade das axencias de viaxe para o ano 2021
PRAZO SOLICITUDE: ata o día 22 de marzo de 2021
BENEFICIARIAS: As axencias de viaxes, pequena e mediana empresa, inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia, e con domicilio en Galicia. As entidades solicitantes deberán manter a súa operatividade durante todo o exercicio 2021 na modalidade de atención ao público correspondente a súa clasificación.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
Aqueles en que o solicitante incorrese no 2021 nos seguintes conceptos:
1.1. Póliza de responsabilidade civil (RC) e garantía en materia de viaxes combinadas
1.2. Creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia (dende o 1 de xaneiro 2021)
1.3. Gastos derivados da transformación dixital
O importe máximo de subvención para os conceptos 1.2 e 1.3 será do 100% do gasto subvencionable con seguintes límites:
- Para empresas de ata 2 traballadores: 5.200€
- Para empresas de 3 a 6 traballadores: 11.200€
- Para empresas de 7 a 19 traballadores: 16.200€
- Para empresas de 20 ou máis traballadores: 21.200€
Se a entidade ten máis dunha sucursal, o límite ampliaríase da seguinte forma:
- Entre 2 e 3 sucursais: 2.000€
- De 4 ou máis sucursais: 3.500€

O prazo de solicitude do programa TU983C vai ata o próximo día 22 de marzo.

b. AXENCIAS DE VIAXE TU983F – MANTEMENTO ESTABLECEMENTO

BENEFICIARIOS E OBXECTO: Axencias de viaxes inscritas no Rexistro de Empresas turísticas da Xunta de Galicia (REAT), para contribuír ao desenvolvemento da normal actividade das axencias no ano 2021.
GASTOS SUBVENCIONABLES: Aqueles en que incorrese a entidade solicitante a partir do 1 de xaneiro de 2021 e ata o 30 de xuño, con respecto aos gastos que derivan do mantemento do establecemento físico para a prestación do servizo.
- Gastos do alugamento dos locais en que se desenvolve actividade
- Gastos dos préstamos hipotecarios sobre os locais en que se desenvolve a actividade da empresa
A subvención será do 90% para un gasto subvencionable de ata 12.000€. Cando o gasto subvencionable supere esta cantidade, o importe da subvención será do 80%.
As entidades solicitantes deberán manter a súa operatividade durante todo o exercicio 2021 na modalidade de atención a público.
O prazo de solicitude do programa TU983F vai ata o próximo día 24 de marzo.
Recordamos que entre as obrigas de calquera subvención concedida esta o cumprimento dos requisitos xerais, coma poden ser, destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, xustificar o cumprimento dos requisitos e as condicións, comunicar a obtención doutras subvencións ou axudas que financien as actividades subvencionadas, dispor dos libros contables, dar a adecuada publicidade do financiamento recibido, conservar a documentación xustificativa dos gastos financiados o período indicado, manter a contabilidade separada ou un código contable axeitado, facilitar a recolla de indicadores de resultado, etc.
Quedamos a súa disposición para ampliar información sobre os diferentes programas de axudas públicas.
Atentamente
En Ferrol, a 1 de marzo de 2021

CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal