27.11.2020 / Ayudas y Subvenciones
AXUDAS MICROEMPRESAS E HOSTALARĶA

AXUDAS DA CONSELLERÍA EMPREGO E IGUALDADE

Estas axudas están promovidas pola Xunta de Galicia para fomentar a actividade económica e apoiar o mantemento do emprego das microempresas e a hostalaría de Galicia. Está regulada en dous programas:

-    Programa I para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia que desenvolvan a súa actividade económica nos sectores máis afectados polo COVID-19 e estivesen ou estean afectadas por un ERTE.
-    Programa II para apoiar ao sector da hostalaría, cuxos negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias.

PROGRAMA I. MICROEMPRESAS
Ten por obxecto apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas e excepcionalmente, as pemes que desenvolvan a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados.

As persoas beneficiarias deberán cumprir todos e cada un dos seguintes requisitos:
-    Ter o domicilio fiscal en Galicia
-    Ter persoal contratado por conta allea
-    No caso de ser PEME, pertencer a sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada consecuencia do COVID-19.
-    Que teñan ou tivesen autorizado un ERTE polo COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.
-    Que a facturación baixase polo menos o 45% no ano 2020, realizándose unha comparación entre o facturado en todo o ano 2019 e os tres primeiros trimestres do ano 2020.

Entenderase como actividade especialmente paralizada:
-    O lecer nocturno: discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas. Así mesmo, incluiranse as salas de concertos, karaokes, tablao flamenco, café teatro, café- cantante.
-    Aquelas actividades no ámbito das atraccións de feiras e que non existe establecemento aberto ao público.
-    Negocios encadrados nos seguintes CNAE: 4932 Taxi, 5621 Provisión de comida para eventos, 5914 Exhibición cinematográfica, 7911 Axencias de viaxes, 7911 Operadores turísticos, 7990 Outros servizos de reservas e actividades relacionadas con eles, 8230 Organización de convencións e feiras de mostras, 9329 Outras actividades recreativas e de entretemento, entre outros.

IMPORTES DAS AXUDAS
A axuda será de 4.000€, que se aboarán en dous pagamentos, 2.000€ na anualidade 2020 e 2.000€ na anualidade 2021.
A axuda será de 5.000€ para as persoas ou entidades que pertenzan aos sectores especialmente paralizados. Esta axuda aboarase en dous pagamentos de 2.500€ cada un deles, o primeiro en 2020 e o segundo no 2021.

OBRIGAS ESPECÍFICAS
-    Manter a actividade e o emprego durante 6 meses dende o 27 de novembro de 2020. Non se considerará incumprido o compromiso cando o contrato de traballo se extinga por despedimento disciplinario procedente, dimisión, morte, xubilación ou incapacidade, entre outros.

PROGRAMA II. HOSTALARÍA
Ten por obxecto apoiar as persoas traballadoras autónomas persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea a seu cargo, as microempresas e, as pemes, que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa sanitaria e que teñan domicilio en Galicia.

BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias as persoas autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea a seu cargo, as microempresas, as pemes do sector da hostalaría, incluíndo hoteis, casas rurais e outros tipos de aloxamento que cumpran os seguintes requisitos:
-    Deberán estar afectadas polas Ordes publicadas pola autoridade sanitaria da Xunta dende o 7 de outubro ata o 13 de novembro, ou calquera outra disposición da autoridade sanitaria ata o remate do prazo de solicitudes.
-    Ter pechada a actividade durante un mínimo de dúas semanas. Entenderase que está afectado polo peche aquela actividade económica que non permita o consumo dos clientes dentro do establecemento ou nas súas terrazas.

IMPORTE DAS AXUDAS

A axuda será de 1.500€ por mes de paralización da actividade, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas. Os que teñan paralizada a actividade dúas semanas recibirán 750€.
No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 percibirán a contía de 2.000€ por mes paralizado, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas. Os que teñan a actividade pechada dúas semanas percibirán 1.000€.

As axudas serán por establecemento paralizado, podendo ter a persoa beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda.

As axudas do programa II serán aboadas no cen por cento no ano 2020.

As axudas previstas no Programa I e no Programa II serán compatibles e coas demais axudas que poidan outorgar as administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes de ambos programas permanecerá aberto ata o 27 de decembro.
Quedamos a súa disposición para ampliar información sobre os diferentes programas de axudas públicas.

Atentamente

Descargar documento adjunto

© Cendal