02.05.2019 / Ayudas y Subvenciones
SUBVENCIONES MAYO 2019

CIRCULAR SUBVENCIÓNS 2019
1. SUBVENCIÓN COMERCIO (SOLICITUDE ATA 27/05/2019)
2. SUBVENCIÓN IGAPE EMPRENDEDORES (SOLICITUDE ATA 27/06/2019 ou 18/10/2019 )
3. SUBVENCIÓN CONTRACIÓN PERSOAS DESEMPREGADAS LONGA DURACIÓN
4. SUBVENCIÓN CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS DESEMPREGADAS
5. SUBVENCIÓN CONTRATACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS
------------------------------------------------------------------------------------------------------------
1. SUBVENCIÓN COMERCIO
PERSOAS BENEFICIARIAS: Comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia que tendo a condición de peme, empreguen a menos de 10 traballadores e non teñan a condición de grande establecemento comercial. Para as actuacións de expansión comercial, que empreguen menos de 50 traballadores e, Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro de Artesanía de Galicia.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
1.1    DIXITALIZACIÓN COMERCIAL
a) Implantación e actualización de páxinas web comerciais (máximo investimento web con venda en liña 4.000€, implantación de web máximo investimento 1.000€, actualización de web máximo 800€)
b) Introdución de ferramentas de marketing 4.0: xeolocalización ou big data, publicidade en medios dixitais, ferramentas de realidade aumentada, experiencias en 3D ou probadores virtuais (máximo investimento entre 6.000€ e 2.000€ segundo actuación)
c) Mellora da imaxe dixital: contidos audiovisuais de promoción do produto (investimento máximo de 6.000€)
d) Servizos profesionais de xestión de redes sociais (investimento máximo 10.000€)
e) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa (investimento máximo de 3.000€)
A porcentaxe de subvención será do 80%, agás no suposto das letras b), c) e d), que será do 70%, cos investimentos máximos indicados. Para o conxunto de actuacións de dixitalización o investimento máximo subvencionable é de 29.000€.
1.2 MODERNIZACIÓN INTEGRAL DO LOCAL COMERCIAL INCLUÍDOS NUN PROXECTO DE DECORACIÓN
f) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda
g) Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial
h) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
i) Actuacións conxuntas dun mínimo de 3 establecementos contiguos para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa.
j) Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración (O investimento máximo para esta liña será de 2.000€)
Para o conxunto de estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 30.000€ e o investimento mínimo de 8.000€. A porcentaxe de subvención será do 50% do investimento máximo agás para as liñas d) e e) que será do 70%.

1.3 PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL
Só para comerciantes retallistas. Considéranse proxectos de expansión comercial  a apertura dun novo establecemento comercial, baseado no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo. O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo. Deberá incluír un compromiso de contratación de persoal, polo menos, un/ha traballador/a, por un período de un ano.
Considéranse subvencionables as obras de reforma e acondicionamento da superficie de venda, adquisición de moblaxe destinado a mellora da imaxe comercial, mellora da fachada exterior do local, actuacións conxuntas e os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto indicados no punto 2.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 60.000€ e o mínimo de 8.000€. A porcentaxe de subvención será do 50%, agás para os custos dos servizos de elaboración e redacción do proxecto de decoración que será do 70% cun investimento máximo subvencionable de 2.000€.

1.4 OUTRAS ACTUACIÓNS FINANCIADAS: A posta en marcha de tendas efémeras ou eventos pop up, a posta en marcha de concept stores e a adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.

2. SUBVENCIÓN IGAPE EMPRENDEDORES
Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como, os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas que cumpran os requisitos para que sexan consideradas nova peme (constitución e alta censual non superior a 42 meses).
Os proxectos non poden ter comezado antes da presentación da solicitude da axuda, teñen que presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000€ e non superior a 500.000€, os custos subvencionables teñen que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
INVESTIMENTOS realizados en: Obra civil para construción, bens de equipamento, outros investimentos en activos fixos mobiliarios, activos intanxibles.
GASTOS realizados en: Alugamentos de bens inmobles (co límite do 30% do custo total e ata un prazo de dez meses) o gasto do informe auditor (requirido nas bases da subvención) os gastos de reforma de instalacións en bens inmobles arrendados e, os gastos de investigación e desenvolvemento.
A intensidade da axuda poderá chegar con carácter xeral ata o 20% e, ata o 30% se o beneficiario é unha pequena empresa.

3. CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA PERSOAS DESEMPREGADAS DE LONGA DURACIÓN
Axudas para a contratación indefinida inicial e, para a contratación temporal cunha duración mínima de 12 meses. Inclúense dous tipos de axuda compatible: Bono de contratación e Bono de formación (opcional). Resultado da contratación deberá incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa en Galicia.
Son consideradas Persoas Desempregadas de Longa Duración: aquelas que con data da súa contratación por conta allea estean sen traballo e acrediten un período de inscrición como desempregadas, de polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores a súa contratación.
O prazo xeral de solicitude rematará o 30 de setembro; as contratacións realizadas entre o 16 de outubro de 2018 e o 20 de marzo poderán solicitar a axuda ata o 21 de maio de 2019; as axudas polos contratos realizados desde o 21 de marzo de 2019 deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral.
A contía dos incentivos para as contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000€ por cada persoa contratada, será de 5.000€ para as contratacións temporais, que se incrementarán nun 25% segundo a pertenza a determinados colectivos.

4. CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE PERSOAS MOZAS
Axudas a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración mínima inicial de 12 meses e, formación por conta allea das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos. Resultado da contratación deberá incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa en Galicia.
O prazo xeral de solicitude rematará o 30 de setembro; as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 9 abril poderán solicitar a axuda ata o 9 de xuño de 2019; as axudas polos contratos realizados desde o 10 de abril de 2019 deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral.
A contía dos incentivos para as contratacións indefinidas iniciais será de 6.000€ por cada persoa desempregada, e de 3.000€ para as contratacións temporais, que se incrementarán nun 25% segundo a pertenza a determinados colectivos.

5. CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE MULLERES
Axudas a contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán ser a tempo completo. Resultado da contratación deberá incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa en Galicia.
O prazo xeral de solicitude rematará o 30 de setembro; as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 26 abril poderán solicitar a axuda ata o 26 de xuño de 2019; as axudas polos contratos realizados desde o 26 de abril de 2019 deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral.
A contía dos incentivos para a contratación indefinida inicial de mulleres desempregadas será de 12.000€, as contratacións temporais cunha duración mínima de 12 meses será de 6.000€ e, a axuda polas transformacións será de 4.000€, que se incrementarán nun 25% segundo a pertenza a determinados colectivos.
Quedamos a seu dispor para ampliar información sobre estas ou outras convocatorias de subvencións que poidan resultar do seu interese.
Reciban un cordial saúdo

CENDAL ASESORES

Ferrol a, 2 de maio de 2019

Descargar documento adjunto

© Cendal