19.04.2018 / Ayudas y Subvenciones
AXUDAS A CONTRATACI?N E FORMACI?N DAS PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS

AXUDAS CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DAS PERSOAS MOZAS

FINALIDADE E OBXETO
Facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades para permanecer no mercado laboral. Inclúense dous tipos de axudas compatibles:

a)    BONO CONTRATACIÓN: subvención para os contratos cunha duración mínima de 12 meses das persoas desempregadas menores de 30 anos.

b)    BONO FORMACIÓN: (opcional) dirixido ás persoas contratadas mediante a o bono de contratación para levar a cabo accións formativas (cunha duración mínima de 50 horas teóricas) que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. Incentivaranse cunha axuda de 2.000€.

ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, que contraten traballadores/as por conta allea en Galicia.

PRAZO
O prazo xeral para a presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2018. AS solicitudes de axuda polas contratacións realizadas entre o 16 de decembro e o 13 de abril, deberán presentarse no prazo de dous meses (ata o 14 de xuño).

PROGRAMA BONO CONTRATACIÓN
Serán de aplicación ás contratacións cunha duración mínima de 12 meses que se celebren desde o 16 de decembro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018 con persoas desempregadas menores de 30 anos.

Estas contratacións incentivaranse cunha axuda de 5.000€ por cada persoa desempregada contratada que cumpra os requisitos. Estas contías incrementaranse nun 25%, se a persoa contratada é muller, é un emigrante retornado ou, o centro de traballo estea situado nun concello rural.

Como consecuencia da contratación ten que incrementarse o emprego neto  da empresa en Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación. Son incompatibles cos contratos para formación e a aprendizaxe, e con outras axudas polos mesmos conceptos. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á S. Social.

CENDAL ASESORES, SL
En Ferrol a, 19 de abril de 2018

Descargar documento adjunto

© Cendal