03.01.2018 / Ayudas y Subvenciones
SUBVENCI?N IGAPE - GALICIA EXPORTA EMPRESAS

SUBVENCIÓN IGAPE – GALICIA EXPORTA EMPRESAS

Axudas co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na posición das empresas galegas en mercados internacionais. A intensidade da axuda sobre os gastos subvencionables é do 70%, a subvención máxima será de 70.000€, cun gasto subvencionable máximo de 100.000€.

ACCIÓNS OBXECTO DE APOIO:
A) Accións de difusión
 1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, TV ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.
 2. Plataforma de promoción en liña para mercados estranxeiros.
 3. Plan de marketing internacional dixital: implementación e-commerce para mercados internacionais, accións de publicidade dixital.
B) Accións de promoción
 Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos ou promocionais organizados por terceiros fóra de España. E a participación de este tipo de eventos en España, sempre que estean incluídos no calendario de feiras internacionais.
C) Accións de prospección en mercados internacionais (necesario achegar informe da empresa que se vai contratar)
1. Axendas de reunións
2. Desenvolvemento de clientes no estranxeiro.
3. Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no
estranxeiro.
 
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE:
O prazo para realizar a presentación das solicitudes vai ata o día 21 de febreiro de 2018.

OBSERVACIÓNS
 - Os beneficiarios deben ter domicilio en Galicia, estar ao día das súas obrigas coa Axencia Tributaria e a S. Social.
 - Conservar a documentación acreditativa das accións realizadas, polo menos, un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte, ao á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. Durante este período, as empresas estarán obrigadas a subministrar, por requirimento do Igape, os datos relativos á evolución da súa actividade exportadora.
 - Obriga de publicidade da subvención percibida.
 - O aboamento das axudas realizarase unha vez se considere xustificada a realización das accións subvencionadas, facturas, pagos bancarios, material no que se aprecien as accións realizadas, copia das tres ofertas, de acordo co establecido no artigo 5.4 das bases reguladoras, memoria técnica, etc.

Quedamos a seu dispor, para ampliar información sobre esta ou outras convocatorias de axudas públicas que poidan resultar do seu interese.

En Ferrol a, 3 de xaneiro de 2018

CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal