02.08.2017 / Ayudas y Subvenciones
BONO AUT?NOMOS

OBXECTO
Conceder unha subvención para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, de ata 3.000€.

Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes servizos:
PROFESIONALIZACIÓN: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.
DESENVOLVEMENTO ESTRATÉXICO: plan de mellora empresarial, marketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.
- Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competitividade.

BENEFICIARIOS
As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000€ e unha facturación mínima anual de 12.000€, IVE incluído, declarados no ano anterior da convocatoria.

Entre as obrigas das persoas beneficiarias destaca permanecer no RETA durante un tempo mínimo de dous anos dende a solicitude da subvención, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que se deberá acreditar de maneira fidedigna.

SOLICITUDES E PRAZOS DE PRESENTACIÓN

As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes vai ata o próximo día 1 de setembro de 2017.

Os gastos subvencionados serán os realizados e pagados entre o día 1 de agosto de 2017 e, o día 20 de decembro de 2017, o pagamento se acreditará mediante xustificantes bancarios.

Quedamos a seu dispor para ampliarlle mais información sobre esta e outras convocatorias de subvención que poidan ser do seu interese.

Atentamente,
En Ferrol a 31 de xullo de 2017

CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal