14.03.2017 / Ayudas y Subvenciones
SUBVENCIONES CONSELLERIA EMPREGO E INDUSTRIA

1. PROGRAMA I: PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

BENEFICIARIAS: Aquelas persoas desempregadas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da S. Social ou Mutualidade de Colexio Profesional, entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, para facer fronte ós distintos gastos xerados no comezo da actividade laboral, sempre que cumpran as seguintes condicións:
- Estar inscritas como demandantes de emprego, carecendo de ocupación efectiva- Ter solicitado a alta no correspondente réxime con anterioridade á presentación da solicitude. Non estar inscritos no sistema de garantía xuvenil.
- Desenvolver a súa actividade empresarial en Galicia.
- Non ter percibido subvencións ao  abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data de inicio da nova actividade.
- Non ter desenvolvido como autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estar de alta como autónoma en calquera réxime da S. Social, nos tres meses inmediatamente anteriores.
- Poderán ser beneficiarias as persoas cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal.

Quedan excluídos deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas, sociedades laborais e autónomos colaboradores.

CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS: Establecese unha contía base de 2.000€, que será incrementada nun 25% nos seguintes casos:
- Se a persoa incorporada é unha muller
- Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en risco de exclusión social
- Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
- No caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural.

Deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 4.000€.

OBRIGAS DAS PERSONAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
- Realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos. Deberán manter, durante o período dun ano, a forma xurídica elixida.
- Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos, durante os tres anos seguintes  a certificación.
- Cumprir coas medidas de comunicación e información establecidas. Dar adecuada publicidade dos fondos recibidos.
- Serán incompatibles coas axudas establecidas nos distintos programas de emprego autónomo, fomento do emprego, etc., incluídas as comprendidas no programa Emega.

2. PROGRAMA II: AXUDAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

BENEFICIARIAS: Persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o primeiro ano de actividade; pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade, con persoas traballadoras desempregadas. Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 e ata o 30 de setembro de 2017.

REQUISITOS:
- A primeira contratación indefinida inicial deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida poderán formalizarse ata o terceiro ano de actividade.
- Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial cando na data na que se formalice o contrato non haxa outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratase con carácter indefinido, con anterioridade, agás que este se extinguise por dimisión, morte, xubilación, etc.
- Serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida, cando non se realizasen dúas ou máis contratacións indefinidas, agás que estes se extinguisen polas causas antes mencionadas.
- Manter no cadro de persoal a persoa contratada por un período mínimo de dous anos.

CONTÍA DOS INCENTIVOS:
A primeira persoa traballadora indefinida 5.000€ cando se trate dunha persoa desempregada.
A segunda e terceira persoa traballadora indefinida con 6.000€ cando se trate dunha persoa desempregada.

Estas contías incrementaranse nun 25% nos seguintes casos:
- Se a persoa incorporada é unha muller.
- Se a persoa incorporada ten unha discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
- Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar con todos os seus membros estean desempregados.
- No caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural.

Deste xeito, as contías máximas posibles de aplicarse todos os incrementos, serían:
- Para a primeira persoa traballadora indefinida: 10.000€
- Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida: 12.000€

EXCLUSIÓNS:
- Os contratos realizados co cónxuxe, cos ascendentes, descendentes e demais parentes por consanguinidade ou afinidade, ata segundo grao inclusive. Non será de aplicación cando se contrate con fillos menores de 30 anos, e nalgúns casos un só familiar menor de 45 anos.
- As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido ou nos últimos 3 meses mediante contrato temporal. Tamén será de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese.
- As persoas traballadoras que rematen unha relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos a formalización do contrato.

PRAZOS E SOLICITUDES:
As solicitudes polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación da axuda no prazo de dous meses contados.  As contratacións realizadas a partir de hoxe, ata o último día do segundo mes seguinte a contratación. O prazo xeral rematará o 30 de setembro de 2017.

En Ferrol a, 13 de mazo de 2017
CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal