Cendal é unha empresa adicada á prestación de servizos profesionais de consultoría, auditoría e asesoramento integral a empresas, profesionais, fundacións e outras entidades ou persoas físicas.
Un bo asesoramento debe axudarlle a xestionar con eficacia a súa empresa e obter a máxima rendibilidade, gañando en seguridade e tranquilidade.
Con este obxectivo traballamos para vostede de forma personalizada, adicando un tempo para cada cliente. Sabemos que coñecer aos nosos clientes e os seus problemas é a única forma de atopar solucións.
Cando nos necesite, estaremos ó seu dispor , poniéndonos no seu lugar, aportando a partir do primeiro momento a nosa experiencia e o noso coñecemento, engadindo valor ao seu negocio, con solucións e servizos específicos.
A nosa firma foi fundada en 1.981 por Ángel Sánchez- Cendal Bermejo, como despacho profesional individual, actualmente é o administrador-director de Cendal.
Durante estes anos, o noso equipo profesional foi medrando, combinando experiencia e mocidade, formándose e traballando día a día, para mellorar os nosos servizos e acadar o noso obxectivo fundamental: Prestar servizos da máis alta calidade, con eficacia e transparencia.
Na actualidade, pensando en que vostede necesita asesores que apórtenlle experiencia e coñecemento, prestamos os servizos de Consultoría, Auditoría de Contas, Asesoramento Fiscal, Contable e Laboral, Economía Forense, Asesoría Xurídico- Mercantil, e outros relacionados.
Concedernos a xestión destas actividades permite ás empresas reducir os seus custos administrativos e dedicar estes recursos, a optimizar outras áreas mais relevantes e operativas para un bo funcionamento da súa empresa.
|