12.06.2007 / Ayudas y Subvenciones
PROGRAMAS PARA O FOMENTO DA ESTABILIDADE NO EMPREGO

PROGRAMAS PARA O FOMENTO DA ESTABILIDADE NO EMPREGO

Comprácenos informarlle dos programas para o fomento da estabilidade do emprego, que teñen como finalidade a creación de traballo estable e de calidade.

I. Contratación indefinida inicial de colectivos desempregados con dificultades de inserción Laboral

Colectivos:
a. Desempregados de longa duración: todo home que estivese sen traballo 12 dos anteriores 16 meses, ou durante 6 dos anteriores 8 se fose maior de 45 anos.
b. Homes titulares de familiar monoparentais.

Incentivos: Desde 3.500€ ata 5.500 segundo as características.

II. Fomento da permanencia con contrato estable a aqueles que teñen na un contrato temporal

Transformación en indefinidos de contratos para formación, prácticas, de substitución de anticipación de xubilación e de interinidade, celebrados con homes maiores de 31 anos, no momento da contratación
No caso de interinidade, só poderá se obxecto de subvención cando se manteña o posto da persoa substituída.

Incentivos de ata 2.000€.

III. Axudas a empresai@s sen persoas asalariadas pola contratación da súa primeira persoa traballadora fixa

Colectivos obxecto de subvención:
- Persoas desempregadas de longa duración.
- Titulares de familias monoparentais.
- Mulleres desempregadas, cando se contraten en profesións nas que estean subrepresentadas.
- Desempregadas maiores de 30 anos.
- Outros.

Axuda de ata un máximo de 4.500€ que, pode incrementarse ata 6.600€ cando se trate de mulleres.

IV. Contratación indefinida inicial vinculada a proxectos de I+D.

Axudas de ata 3.000€, incrementándose a 5.000€ cando se trate de mulleres.

Lembre, que tamén atópanse abertas as convocatorio doutros incentivos para o fomento do emprego como, a contratación indefinida de mulleres, da mocidade e outros colectivos. Quedamos o seu dispor, para resolverlle calquera consulta.
Un saúdo

Descargar documento adjunto

© Cendal