02.06.2021 / Ayudas y Subvenciones
IGAPE - AXUDAS DIXITALIZACIÓN 4.0

Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos entre un líder industrial cara as pemes que forman a súa cadea de valor.

Os proxectos para pemes poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos colectivos, nos que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais ou propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral, deseñado para a súa actividade.
b) Proxectos individuais, nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1. Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implementación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
2. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomos, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados e ciberseguridade.
3. Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral (ERP, CRM e similares)
Os proxectos colectivos terán preferencia sobre os proxectos individuais.

CONCEPTOS DE GASTOS SUBVENCIONABLES

A) Investimentos materiais novos e/ou inmateriais adquiridos en propiedade. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina agás elementos informáticos.
B) Colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto.
C) Gastos de subscrición a software como servizo estándar de mercado no período de gastos subvencionable.

Os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape.
BENEFICIARIOS: Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto. Non poderán ser beneficiarias as empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipamentos para os cales se solicitan axuda.

INTENSIDADE DA AXUDA: A subvención será do 50% dos gastos subvencionables. No caso de empresas dos sectores industriais da automoción, téxtil-moda e industria auxiliar do naval, segundo IAE, poderán acadar unha axuda do 70% dos gastos subvencionables, deberán acreditar unha caída de ingresos mínima do 25% no ano 2020, respecto aos ingresos de 2019.
PRAZOS DO PROCEDEMENTO
O prazo para realizar a solicitude de subvención será ata o próximo día 1 de xullo de 2021.
O prazo de execución dos proxectos de dixitalización das empresas non poderá superar o 15 de novembro de 2022.
Os beneficiarios deberán presentar solicitude de cobramento como máis tarde o 15 de novembro de 2021.
O prazo para solicitar anticipos será ata o 15 de novembro de 2021, os beneficiarios poderán pedir anticipos de ata o 50% do importe da subvención concedida, será obxecto de resolución motivada.

Quedamos a seu dispor para ampliarlle máis información sobre esta e outras convocatorias de axudas que poidan resultar do seu interese.

Atentamente,

En Ferrol a, 2 de xuño de 2021
CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal