05.11.2020 / Ayudas y Subvenciones
SUBVENCIONS PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DE A CORUÑA

PEL – REACTIVA
SUBVENCIONS PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

OBXECTO: Axudas a conceder polos concellos adheridos ao fondo promovido pola Deputación da Coruña, aprobadas coa finalidade de impulsar a actividade económica e o Emprego nos seus termos municipais e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados do COVID-19, destinadas a microempresas e autónomos.

BENEFICIARIOS: Persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores ao seu cargo e microempresas, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:
- GRUPO I: Que se visen afectados polo peche segundo o disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma.
- GRUPO II: Que non visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma.
- GRUPO III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE, nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

REQUISITOS: Con carácter xeral, os beneficiarios, deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Ter o domicilio fiscal no municipio onde se solicita a subvención
- Non atoparse incursa en ningunha das circunstancias recollidas la Lei de subvencións
- Estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT e TXSS, coa Axencia Tributaria Galega e a Deputación.

CONCEPTOS E GASTOS SUBVENCIONABLES: Terán consideración de gastos subvencionables os seguintes.
- Compra de material: Material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza.
- Arrendamentos e canons: Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións
- Reparación e conservación: Adaptación de locais ás medidas de protección fronte a COVID-19 (biombos de protección, etc.)
- Primas de seguros: Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes.
- Subministracións: Auga, gas, combustibles, electricidade

CONTÍA E PERÍODO SUBVENCIONABLE: O importe da subvención será fixo, e segundo os seguintes criterios:
- Traballadores por conta propia ou autónomos, sen traballadores ao seu cargo unha contía de 1.500€.
- Traballadores por conta propia ou microempresas, con traballadores ao seu cargo:

o Un só traballador: 2.000€
o Entre 2 e 5 traballadores: 2.500€
o Entre 6 e 9 traballadores: 3.000€

O período subvencionable abarcará dende o 1 de marzo de 2020 ata o 31 de decembro de 2020. A data máxima para presentar a documentación xustificativa será o 31 de marzo de 2021.

Os beneficiarios deberán manter a mesma forma xurídica polo menos 3 meses dende a finalización do período subvencionable.

O prazo de solicitude será ata o día 25 de novembro para tódolos concellos aínda que non teñan todavía publicado o extracto coas bases específicas no BOP DA CORUÑA.

Quedamos a seu dispor para ampliar información sobre esta ou outras convocatorias de axudas e subvencións que poidan resultar do seu interese.
Atentamente,

Descargar documento adjunto

© Cendal