PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS
BENEFICIARIOS: As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade profesional ininterrompida por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000€ e unha facturación mínima anual de 12.000€, IVE incluído, declarados no ano anterior a convocatoria.
As sociedades de calquera clase con domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha persoa autónoma societaria e cunha antigüidade dunha actividade empresarial ininterrompida superior a 42 meses no momento da solicitude. Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000€, e unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración inferior a 30.000€.
LIÑA 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: Investigación de mercado, Plan de marketing, Plan de comunicación do negocio, Plan estratéxico, Plan de crecemento (constitución de sociedade), Plan de reorientación do negocio, Plan de uso de novas tecnoloxías, Plan de refinanciamento e outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa, incluídos os servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona.
LIÑA 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: Compra de maquinaria, útiles e ferramentas, reforma do local de negocio, equipos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web e creación de logotipo de negocio e mobiliario.
As liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran.
OBRIGAS: Permanecer de alta no RETA ou mutualidade durante un tempo mínimo de 2 anos, xustificar o cumprimento dos requisitos, así como, da realización da actividade, estar ao día coas diferentes administracións, dispor dos libros contables e, adoptar as medidas de publicidade, entre outros.
PRAZOS: O prazo de presentación de solicitudes será ata o próximo día 03/03/2020, serán subvencionables os gastos realizados desde o día 3 de febreiro de 2020 e, efectivamente xustificados mediante facturas e documentos bancarios con anterioridade á finalización do período de xustificación que será o indicado na resolución de concesión ou, en todo caso ata o 31 de decembro de 2020.
Quedamos a seu dispor para ampliar máis información, sobre esta e outras convocatorias de axudas e subvencións que puideran ser do seu interese.
Reciban un cordial saúdo
CENDAL ASESORES
Ferrol a, 4 de febreiro de 2020