03.02.2020 / Ayudas y Subvenciones
IGAPE - EXPORTA EMPRESAS 2020

IGAPE – GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2020
OBXECTO: Incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas nos mercados internacionais das empresas galegas. Se incentivarán os seguintes tipos de accións:
a)    ACCIÓNS DE DIFUSIÓN:
a.1. Campañas de publicidade en prensa, revistas, TV ou outros medios incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.
a.2. Elaboración de material promocional para a difusión en mercados estranxeiros.
O límite máximo para accións de difusión é de 7.000€ por solicitude.
b)    ACCIÓNS DE PROMOCIÓN:
b.1. Participación en feiras ou outros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro. Inclúense aqueles eventos deste tipo que se celebren organizados por terceiros en España, fóra de Galicia, e estean incluídos no calendario de feiras internacionais.
O límite máximo é de 40.000€ por cada evento en que se participe.
b.2. Visitas a sede da empresa en Galicia, de clientes, importadores, distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescriptores, realizadas no estranxeiro co obxecto de dar a coñecer as posibilidades da empresa e os seus produtos ou para sondar posibles fórmulas de cooperación.
c)    ACCIÓNS DE PROSPECCIÓN EN MERCADOS INTERNACIONAIS:
c.1. Axendas de reunións
c.2. Desenvolvemento de clientes no estranxeiro
c.3 Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para consolidación de negocio.
O límite máximo é de 6.000€ por solicitude.
A subvención será do 70% dos gastos para as accións incluídas nesta convocatoria, cun máximo de 91.000€ por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 130.000€).
O prazo para realizar a solicitude de subvención é ata o próximo 29 de marzo de 2020. O prazo de execución iniciarase na data da presentación da solicitude de axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que poida exceder o 15 de novembro de 2020 para as solicitudes con accións que se realizarán ata esta data, e 30 de xuño de 2021 para as solicitudes con accións que se realizarán ata esta data.

IGAPE – GALICIA EXPORTA DIXITAL 2020
OBXECTO: Apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital xa que supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES: Só se poderá presentar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo, igual ou superior a 25.000€ e máximo de 125.000€ por empresa. En concreto subvenciónanse os seguintes tipos de gastos:
A)    CONSULTORÍA NECESARIA PARA A ELABORACIÓN DE:
a)    Diagnóstico de potencial exportador dixital. Debe como mínimo, analizar a madurez dixital e internacional da empresa e xustificar as oportunidades dunha estratexia de internacionalización dixital para a empresa tendo en conta os seus recursos. Gasto subvencionable máximo de 3.000€.
b)    Plans de internacionalización dixital multicanle. Debe incluír como mínimo unha investigación, avaliación e selección de mercados e canles de vendas tendo en conta o potencial exportador dixital da empresa e os seus recursos dispoñibles. Gasto subvencionable máximo de 3.000€.
c)    Plans de mercados electrónicos concretos, deben conter, como mínimo, a estratexia e as accións necesarias para deseñar, programar, conectar e posicionar tendas e catálogos on line multi-idioma. Así como, unha análise SEO de web, catálogos on line e/ ou tendas on line. Análise SEO por mercado xeográfico para Google e/ou buscadores de referencia, e/ou marketplaces tipo Amazon, AliExpress, eBay. Gasto subvencionable máximo de 5.000€.
d)    Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital. Aqueles que se relacionen directamente coa operativa dixital internacional como a adapatación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativo import-export no comercio electrónico. Gasto subvencionable máximo de 5.000€.
B)    SOFTWARE DE:
b.1 Soluciones tecnolóxicas P.I.M. para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma. Gasto subvencionable máximo de 6.000€.
b.2 Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs). Gastos subvencionable máximo de 25.000€.
b.3 Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e a optimización de canles de vendas e marketing on-line. Gasto subvencionable máximo de 25.000€.
b.4 Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento. Gasto subvencionable máximo 20.000€.
b.5 Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio on line. Gasto máximo 6.000€.
C)    OUTROS GASTOS DE:
c.1 Creación e adaptación de tendas on line e catálogos on line para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C, campañas de posicionamento SEM, call center internacional.
Os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape.
A subvención será dun máximo do 80% dos gastos subvencionables para PEMES e un 60% para empresas de mais de 500 empregados.
O prazo de solicitude de subvención irá ata o 24/03/2020 a primeira convocatoria e ata o 25/05/2020 a segunda convocatoria.
Quedamos o seu dispor para ampliar información sobre estas e outras convocatorias de subvención que poidan resultar do seu interese.

Reciban un cordial saúdo

CENDAL ASESORES

Ferrol a, 3 de febreiro de 2020

Descargar documento adjunto

© Cendal