26.06.2017 / Ayudas y Subvenciones
SUBVENCIONES COMERCIO

OBXECTO

Estas axudas teñen por obxecto a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia.
Considéranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que sexan realizadas e pagadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2017.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

1. PROXECTOS DE MODERNIZACIÓN INTEGRAL DO LOCAL COMERCIAL INCLUÍDOS NUN PROXECTO TÉCNICO DE DECORACIÓN E INTERIORISMO
En concreto, considéranse gastos subvencionables as obras de reforma e acondicionamento da superficie de venda, adquisición de moblaxe destinada a mellora da imaxe e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto, que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial. As actuacións de mellora da fachada exterior do local e a instalación de toldos, carteis, letreiros e outros similares.

O investimento máximo subvencionable será de 30.000€ (IVE excluído) e o investimento mínimo, de 15.000€ (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50% do investimento máximo subvencionable.

2. PROXECTOS DE RENOVACIÓN E MELLORA DA IMAXE COMERCIAL, SEMPRE QUE IMPLIQUEN UNHA RENOVACIÓN CLARA DA IMAXE DO ESTABLECEMENTO COMERCIAL
En concreto, considéranse subvencionables, a adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial.

O investimento máximo para o conxunto das actuacións é de 9.000€ (IVE excluído). A porcentaxe de subvención máxima será do 40% do investimento subvencionable.

3. SERVIZOS DUN XESTOR DE REDES SOCIAIS
A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do programa Commerce que vai desenvolver a Federación Galega de Comercio durante o ano 2017.

OUTROS DE INTERESE

Non se consideran gastos subvencionables actuacións en probadores, cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda. Os permisos, licencias ou cotas de colexios. A instalación de alarmas, seguridade ou similares. A adquisición de materiais ou outros para a realización das obras. A adquisición de bens usados, ou susceptibles de venda posterior ao público.

Entre as obrigas dos beneficiarios destacan, executar o proxecto que fundamenta a concesión de subvención, manter os investimentos subvencionados durante un período de 3 anos. Dispoñer de libros contables, cumprir coas obrigas específicas de publicidade, etc.

O prazo para realizar a solicitude vai ata o 15 de xullo de 2017

En Ferrol a, 15 de xuño de 2017
CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal