10.04.2017 / Ayudas y Subvenciones
CONTRATACI?N DAS PERSOAS DESEMPREGADAS LONGA DURACI?N
SUBVENCIONES CONSELLERIA ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS DESEMPREGADAS DE LONGA DURACIÓN
ENTIDADES BENEFICIARIAS:
As empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, que contraten por conta allea persoas traballadoras desempregadas de longa duración, para prestar servizos en centros de traballo situados en Galicia.
Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais (a tempo completo ou parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo) realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive.
REQUISITOS:
- A persoa traballadora debe ser persoa desempregada parada de longa duración (segundo os requisitos establecidos nas bases reguladoras: aquela de 45 ou máis anos de idade, que estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación)
- Consecuencia da contratación indefinida inicial, ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e o cadro de emprego neto da empresa, en Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto, non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión ou morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.
- A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser igual ou superior ao 50% da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada máxima legal.
CONTÍA DOS INCENTIVOS:
- As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000€. Esta contía incrementarase nun 25% nos seguintes casos: a persoa incorporada é muller, ten unha discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social, pertence a unha familia en que todos os seus membros están desempregados ou, que o centro de traballo estea situado nun concello rural.
- Cando se trate de contratacións a tempo parcial, as contías dos incentivos serán proporcionais.
- No caso de que a empresa conte no seu cadro de persoal no mes da contratación cun mínimo do 75% de persoal indefinido, a axuda ascenderá a 12.500€. Será incrementada nun 25% nos mesmos casos que as contratacións indefinidas iniciais.
EXCLUSIÓNS:
- Relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do RDL 2/2015, así como, as contratacións realizadas para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta a disposición.
- Contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive.
- Contratacións realizadas con persoas que nos 24 meses anteriores, prestasen servizos na mesma empresa ou grupo, mediante contrato de carácter indefinido ou nos últimos 3 meses mediante contrato temporal, formativo, de revezamento ou substitución por xubilación.
- As persoas que rematen unha relación de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previo a formalización do contrato.
SOLICITUDES E PRAZOS
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.
- As solicitudes de axuda polas contratación realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 6 de abril de 2017, deberán presentarse ata o 7 de xuño.
- As solicitudes de axuda polas contratacións realizadas a partir do 6 de abril, deberán solicitarse ata o último día do seguinte mes á data en que se inicie a relación laboral indefinida.
- O prazo para presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que non transcorresen os prazos anteriormente sinalados.
OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
- Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e fronte a Seguridade Social.
- Someterse as actuacións de comprobación que efectuará a Consellería.
- Comunicar ao órgano concédente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como, a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos que financien as actividades subvencionadas.
- Dispoñer de libros e rexistros contables, segundo a lexislación mercantil e sectorial aplicable.
- Manter no cadro de persoal a persoa traballadora durante un período mínimo de dous anos contando desde a data de realización da contratación. Consultar no caso de extinción dalgunha relación laboral.
- Manter en cómputo anual o número de persoas traballadoras fixas do cadro de persoal, un período mínimo de dous anos., desde a data de realización da contratación.
- Unha vez finalizado o período de 2 anos, nos tres meses seguintes ao remate, presentar unha declaración da media do persoal fixo, así como, un informe de vida laboral dos 24 meses anteriores.
En Ferrol a, 10 de abril de 2017
CENDAL ASESORES, SL
|