02.10.2009 / Ayudas y Subvenciones
PLAN REBROTE ? PLAN RESOLVE

PLAN REBROTE – PLAN RESOLVE

Apertura de novas liñas de axudas, unha para a habilitación de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas, e outra, para facilitar o acceso ao financiamento operativo adicional.

1. PLAN RESOLVE: Financiamento de circulante subsidiado e avalado

 As operacións acollidas a este convenio serán pólizas de préstamo ou crédito novas. As características mais destacables destas axudas:

a. O seu importe mínimo será de 3.000€ e o máximo de 40.000€.

b. O prazo de vixencia será de tres anos. c. Os fondos dispostos destas operacións deberán ser utilizados para o financiamento de circulante (pagamento de nóminas, impostos, seguridade social, provedores, etc.)

2. PLAN REBROTE: Financiamento operativo adicional

Garantir operacións de financiamento novas, que presenten un proxecto obxecto de financiamento avalado viable.O importe mínimo individual das operacións deste convenio será como mínimo de 300.000€.

a. Contas de crédito a un prazo de dous anos ( pagamento de nóminas, leasing, acredores por prestación de servizos, reparacións, vencementos de débedas bancarias, etc.).

b. Liñas de crédito a 2 anos para o adianto de efectos comerciais e facturas.

 c. Pólizas a 2 anos de xestión de pagamentos a provedores.

 As garantías outorgadas polo Igape consistiran na prestación de aval subsidiario ante as entidades financeiras.

O prazo de solicitude destas axudas rematará o 30 de decembro de 2009.

Descargar documento adjunto

© Cendal