O noso labor consiste en emitir unha opinión técnica e profesional sobre se as Contas Anuais, expresan a imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira da súa empresa.
Por obriga legal as empresas deben auditarse cando, durante dous exercicios consecutivos, superan ao menos dous dos seguintes parámetros
Conta na súa guía con máis de 50 traballadores.
O importe neto da cifra de negocios e superior a 5.700.000 €.
O total de activos é superior a 2.850.000 €.
Sen embargo, a auditoria voluntaria cada vez é máis solicitada polas empresas, polas evidentes vantaxes que aporta:
Dota de transparencia as contas da empresa, reforzando a confianza de clientes, provedores, entidades de crédito e, outras institucións.
Aporta unha visión real e actualizada, identificando os puntos febles; facilita a planificación permitindo aportar as modificacións necesarias na xestión e mecanismos de control interno.
|