06.07.2021 / Ayudas y Subvenciones
AXENCIA GALEGA INNOVACIÓN

O venres 2 de xullo de 2021, foron publicadas as bases reguladoras das Axudas ao Deseño, para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas en Galicia, a través do impulso da xestión do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas e identidades corporativas, enmarcados en prioridades RIS3. Nestas axudas diferéncianse tres ámbitos do deseño:
1.1 Deseño do produto
1.2 Deseño de servizos/experiencias
1.3 Deseño de marca e identidade corporativa
BENEFICIARIOS
Microempresas, pequenas e medianas empresas, con domicilio social en Galicia e que desenvolvan unha das seguintes actividades subvencionables en Galicia.
Non poderán ser beneficiarias as entidades con CNAE incluído na sección J, entidades sen ánimo de lucro, sociedades publicas, outras que non teñan carácter industrial ou mercantil, entre outras.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
Serán actividades subvencionables, aquelas incluídas no Proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade que deberá reunir como mínimo as seguintes características:
a) Introduciranse un conxunto de actividades que constitúan un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante.
b) As fases, incluídas no Proxecto de deseño para a innovación e sustentabilidade, deben implicar o desenvolvemento das opcións desagregadas, tal e como se describe a continuación:


b.1. DESEÑO DE PRODUTO
Concepción e desenvolvemento de produtos, que se perciban no mercado como novos, ou no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial. Deberán expoñer o deseño ou redeseño dun só produto ou dunha soa gama concreta de produto.

- Fase I - Análise, estratexia e conceptualización: que ten como obxectivo a análise do contexto do proxecto, definición de claves para o deseño e a materialización de solucións.
- Fase II - Deseño de detalle e desenvolvemento: que ten como obxectivo definir o deseño a partir do concepto seleccionado na fase I, como mínimo incluirá as seguintes actividades, deseño de detalle funcional, selección de materiais, refinamento estético, deseño de gráfica e desenvolvemento técnico dos compoñentes e sistemas.
- Fase III – Preindustrialización: que ten como obxectivo integrar todas as melloras necesarias nas diferentes pezas e compoñentes. Deberá comprender como mínimo as seguintes actividades, análise de secuencia de ensamblaxe, deseño e modelado 3D, solucións para mantementos e reparacións, especificacións de montaxe.

b.2. DESEÑO DE SERVIZOS E EXPERIENCIAS
Concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias, que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial. As actividades subvencionables deberán incluír.
- Fase I - Análise, estratexia e conceptualización: análise da organización interna da empresa e do deseño das súas estratexias, posicionamentos e carteira de servizos e a súa interrelación.
- Fase II - Deseño de detalle e desenvolvemento: procedementos para a execución do deseño do servizo seleccionado e prototipos do novo deseño.

b.3. DESEÑO DE MARCA E IDENTIDADE CORPORATIVA
Ten como obxectivo formular a identidade corporativa e marca das empresas e a súa interrelación cos seus produtos e servizos e do deseño como parte delas. As actividades subvencionables deberán incluír:
- Fase I - Análise, estratexia e conceptualización: deberá incluír análise interna e externa para valorar a estratexia da empresa, estrutura de marcas, plans de actuación, Proposta de deseño conceptual de identidade corporativa
- Fase II – Deseño de detalle e desenvolvemento: deberá incluír a definición do proxecto, os obxectivos de deseño, xunto coa información relevante de cada proxecto, o deseño gráfico, a identidade visual, o packaging, soportes dixitais, etc.

INTENSIDADE DAS AXUDAS E CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
A intensidades das axudas deseño para a innovación e sustentabilidade en favor das pemes poderá alcanzar o 50%.
O orzamento subvencionable será dun mínimo de 10.000€ e dun máximo de 200.000€, a presentación dun proxecto fóra do rango, será causa de inadmisión da solicitude de axuda.
A duración mínima será de 6 meses para un proxecto de deseño de marca, e dun ano para os deseños de produto, servizos e experiencias. A data máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2022, os proxectos fóra do rango establecido, será causa de inadmisión da solicitude.
Para a anualidade 2021, só se admitirán os gastos realizados entre a data da presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2021. Para a anualidade 2022, os gastos realizados entre o 1 de novembro de 2021 e o 30 de setembro de 2022.
Cando o importe do gasto subvencionable supere os 15.000€, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación.
Custos Subvencionables
a.1. Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais
a.2. Custos de servizos de asesoramento en materia de innovación: consultoría, asistencia e capacitación nos ámbitos da transferencia de coñecemento, a adquisición, protección e explotación de activos inmateriais.
a.3. Activos materiais e inmateriais exclusivamente ligados ao proxecto, que permitan consolidar a implantación das actividades de deseño na empresa, como poden ser moldes, utensilios, prototipos, etc.
a.4. Custos de persoal propio
a.6. Custos de persoal de nova contratación, que deberá dispoñer dunha titulación ou recoñecemento no ámbito do deseño.
a.7. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición e non adquirido con fondos ou axudas públicas, e cando sexa estritamente necesario.
a.8. Custos de adquisición de licenzas de propiedade industrial
a.9. Custos de material, subministracións e produtos similares, que se deriven directamente do desenvolvemento do deseño e que deberán estar especificados na memoria do proxecto. Este custo non poderá superar o límite do 20% do custo total da actividade subvencionada.
a.10. Subcontratacións. Custos de servizos de asesoramentos en materia de deseño con entidades provedoras e empresas externas especializadas nas disciplinas de deseño obxecto da convocatoria.
PRAZO SOLICITUDE
O prazo para realizar a solicitude de axuda vai ata o próximo día 2 de agosto de 2021
Quedamos a súa disposición para ampliar información sobre esta ou outras convocatorias de axudas e subvencións que poidan resultar do seu interese.
Atentamente,


En Ferrol a, 6 de xullo de 2021
CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal