14.06.2021 / Ayudas y Subvenciones
III PLAN RESCATE XUNTA

PLAN DE RESCATE AUTÓNOMOS, PROFESIONAIS E EMPRESAS
O venres 11 de xuño de 2021, foi publicado o III Plan de rescate da Xunta de Galicia, liña Covid, de axudas directas ás persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas de Galicia, financiadas cos fondos distribuídos polo Estado en virtude do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas de apoio a solvencia empresarial. Este III Plan consta de tres programas:
Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A)
Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 traballadores, ou de ata 25 traballadores cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B)
Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 traballadores (TR600C)
PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021
REQUISITOS DAS PERSOAS OU ENTIDADES BENEFICIARIAS
a) Ter o domicilio fiscal en Galicia
b) Ter cantidades pendentes de pagamento a provedores, acredores, financeiros e non finaceiros ou débeda bancaria, ou outros custos fixos que fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021, e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021, e que as ditas cantidades sexan de importe superior á axuda solicitada
c) Non ter sido condenado mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
d) Non ter dado lugar, por causa de que fose declarada culpable, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa Administración
e) Atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte a S. Social
f) Non ter solicitado declaración de concurso voluntario
g) Non ter residencia fiscal nun país ou territorio cualificado como paraíso fiscal
h) Autorizar a cesión de datos ao Ministerio de Facenda
COMPROMISOS DAS PERSOAS OU ENTIDADES BENEFICIARIAS
a) Manter a actividade ata o 30 de xuño de 2022
b) Non repartir dividendos durante os anos 2021 e 2022
c) Non aprobar incrementos nas retribucións da alta dirección durante un período de 2 anos
A documentación xustificativa deberá achegarse antes do 30 de decembro de 2022
OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
a) Aplicar a axuda a satisfacer a débeda e realizar os pagamentos a provedores e outros acredores financeiros e non financeiros, así como, os custos fixos en que se incorreu, sempre e cando estas obrigas fosen devindicadas entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021. Satisfaranse en primeiro lugar os pagamentos a provedores por orde de antigüidade e, se procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución do nominal da débeda con aval público.
b) Estar ao día nas obrigas tributarias e coa S. Social, así como, calquera outra débeda coa Administración, con anterioridade á proposta de pagamento final da axuda.
c) Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma actividade subvencionada.
d) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos segundo a lexislación mercantil vixente.
e) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar a publicidade ao financiamento
f) Someterse as actuacións de control, comprobación que efectuará a inspección.
g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos
h) Notificar a totalidade das axudas recibidas
PROGRAMA I DE APOIO ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS EN ESTIMACIÓN OBXECTIVA (TR600A)
O obxecto de este programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva no imposto da renda das persoas físicas, para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.
Serán subvencionables os gastos realizados para:
- O pagamento da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros
- O pagamento da débeda dos custos fixos en que se incorreu
Os pagamentos a que se refire o punto anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo 2021
b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021
c) Os pagamentos deben de estar pendentes na data da presentación da solicitude
d) En primeiro lugar deberanse satisfacer os pagamentos dás débedas a provedores e outros acredores non financeiros, así como, os custos fixos en que incorrese, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase en segundo lugar o nominal da débeda bancaria, primando a redución do nominal da débeda con aval público.
As persoas beneficiarias serán todos os traballadores de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar e de ser o caso mutualistas, que cumpran os seguintes requisitos.
- Desenvolver unha actividade económica correspondente a un CNAE do anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio a solvencia empresarial.
- No caso de desenvolver unha actividade económica nun CNAE non incluído no mencionado anexo I, do RD lei 5/2021, deberán acreditar unha caída de volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no IVE ou tributo indirecto equivalente dun 40% ou máis comparando o ano 2020 co ano 2019.
A axuda concederase por un importe máximo de 3.000€ cando se trate de empresarios ou profesionais que apliquen no réxime de estimación obxectiva no imposto da renda das persoas físicas no ano 2019. As cantidades pendentes de pagamento referidas, deberán ser de importe igual ou superior á axuda solicitada, de tal xeito que o importe da axuda nunca poderá ser superior a aquelas.

PROGRAMA II DE APOIO ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS INDIVIDUAIS E PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS OU EMPRESAS CON ATA 10 TRABALLADORES, OU DE ATA 25 TRABALLADORES CUN VOLUME DE FACTURACIÓN DE ATA 2 MILLÓNS DE EUROS (TR600B)
O obxecto deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas con dez ou menos persoas traballadoras ou empresas de ata vinte e cinco persoas traballadoras que teñan un volume de facturación de ata dous millóns de euros, no exercicio 2020, no ámbito de Galicia, para o apoio á solvencia do seu endebedamento.

Serán subvencionables os gastos realizados para:
- O pagamento da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros
- O pagamento da débeda derivada dos custos fixos
Os pagamentos deberán cumprir os seguintes requisitos
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo 2021
b) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021
c) Os pagamentos deben de estar pendentes na data da presentación da solicitude
d) En primeiro lugar deberanse satisfacer os pagamentos dás débedas a provedores e outros acredores non financeiros, así como, os custos fixos en que incorrese, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase en segundo lugar o nominal da débeda bancaria, primando a redución do nominal da débeda con aval público.

As persoas beneficiarias os traballadores autónomos de alta no RETA, no réxime do mar, os profesionais e empresas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que acrediten unha caída no volume de operación, no ano 2020 respecto ao ano 2019 de mais dun 30% para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do RD lei 5/2021, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, dun 40% ou mais, para aquelas que desenvolvan unha actividade non incluída no anexo I do RD lei 5/2021.
O importe das axudas será en función da caída do volume de operacións do ano 2020 respecto do ano 2019, concederanse inicialmente polos seguintes importes:
a) 6.000€ se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30% e ata un 60%
b) 7.000€ se a caída do volume de operacións é máis dun 60% e menos dun 70%
c) 8.000€ se a caída do volume de operación é do 70% ou máis
A dita cantidade incrementarase ata 3.000€ en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan o 11 de xuño de 2021, segundo a escala seguinte:
a) 1.000€ se teñen de 4 a 9 persoas traballadoras
b) 2.000€ se teñen de 10 a 20 persoas traballadoras
c) 3.000€ se teñen de 21 a 25 persoas traballadoras

PROGRAMA III DE APOIO ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS OU EMPRESAS CON MÁIS DE 10 PERSOAS TRABALLADORAS E CUN VOLUME DE FACTURACIÓN DE MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS, OU EMPRESAS DE MÁIS DE 25 TRABALLADORES (TR600C)
O obxecto de este programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas con máis de dez persoas traballadoras e cun volume de facturación de más de 2.000.000€ no exercicio 2020, ou empresas con máis de vinte e cinco traballadores.
Serán subvencionables os gastos realizados para:
- O pagamento de débedas a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros
- O pagamento da débeda derivada dos custos fixos
Os pagamentos deberán cumprir os seguintes requisitos
a) Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo 2021
e) A obriga de pagamento debe ter nacido entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021
f) Os pagamentos deben de estar pendentes na data da presentación da solicitude
g) En primeiro lugar deberanse satisfacer os pagamentos dás débedas a provedores e outros acredores non financeiros, así como, os custos fixos en que incorrese, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase en segundo lugar o nominal da débeda bancaria, primando a redución do nominal da débeda con aval público.
As persoas beneficiarias os traballadores autónomos de alta no RETA, no réxime do mar, os profesionais e empresas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que acrediten unha caída do volume de operacións no ano 2020 respecto ao ano 2019 de mais dun 30% para aqueles que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do RD lei 5/2021, do 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións no ano 2020 respecto do 2019 dun 40% ou mais, para aquelas que non desenvolvan unha actividade do RD lei 5/2021.

* No programa 2 e no programa 3: Para os grupos consolidados que tributen no imposto de sociedades no réxime de tributación consolidada, entenderase como destinatario para efectos do cumprimento dos requisitos de elixibilidade e transferencias o citado grupo como un contribuínte único, e non cada unha das entidades que o integran, polo que o resultado do volume de operacións que considerar para determinar a caída das actividade será o resultado de sumar todos os volumes de operacións das entidades que conforman o grupo.
O importe das axudas do programa III será en función da caída do volume de operacións do ano 2020 respecto do ano 2019, concederanse inicialmente polos seguintes importes:
a) 10.000€ se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30% e ata un 60%
b) 12.000€ se a caída do volume de operacións está entre mais dun 60% e menos dun 70%
c) 15.000€ se a caída do volume de operacións é do 70%
A dita cantidade incrementarase ata 15.000€ en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan a 11 de xuño de 2021, segundo a escala seguinte:
a) 5.000€ se teñen de 26 a 50 persoas traballadoras
b) 10.000€ se teñen de 51 a 100 persoas traballadoras
c) 15.000€ se teñen máis de 100 persoas traballadoras
Quedamos a súa disposición para ampliar información sobre esta ou outras convocatorias de axudas e subvencións que poidan resultar do seu interese.
Atentamente,
En Ferrol a, 14 de xuño de 2021
CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal