18.02.2021 / Ayudas y Subvenciones
PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS

PROGRAMA I PERSOAS AUTÓNOMAS PROGRAMA II MICROEMPRESAS

PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (TR500A)
BENEFICIARIOS E OBXECTO: Serán beneficiarios desta subvención, entre outros, persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime do mar, con domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan un alta anterior ao 30/03/2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos o 45%.
Entenderase por actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70%.
IMPORTE DAS AXUDAS:
a) 1.200€ para as persoas que acrediten unha baixada entre o 45% e o 60%
b) 2.000€ para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60% e de menos do 70%
c) 3.000€ para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70%

A baixada de facturación calcularase comparando os datos da facturación anual de 2020 cos de 2019.

OBRIGAS ESPECÍFICAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Manter a alta no RETA un tempo mínimo de 2 meses, ata o 18 de abril
2. Presentar os indicadores de resultado inmediatos
3. Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda e os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.
PROGRAMA II MICROEMPRESAS (TR500B)
BENEFICIARIOS E OBXECTO: Fixar os criterios para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e das persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo en Galicia, e que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45%.
Excepcionalmente, poderán ser beneficiarias as empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e o volume de facturación non sexa superior a 2 millóns de euros no 2020 e que presenten un descenso de facturación do 60%.
Entenderase por actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70%. 
IMPORTE DAS AXUDAS
A. 4.000€ cando se acredite baixada de facturación entre o 45% e o 60%
B. 5.000€ cando se acredite unha baixada de facturación de máis dun 60% e de menos do 70%
C. 6.000€ cando se acredite unha baixada de facturación igual ou superior ao 70%

A baixada de facturación calcularase comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

A dita cantidade incrementarase ata 3.000€ en función do número de persoas traballadoras por conta allea:

a) 1.000€ se teñen de 4 a 9 traballadores
b) 2.000€ se teñen de 10 a 20 traballadores
c) 3.000€ se teñen de 21 a 25 traballadores

OBRIGAS ESPECÍFICAS DAS PERSOAS BENEFICIARIA: Entre as obrigas específicas destaca manter a actividade económica e o emprego ata o 18 de agosto
O prazo para realizar a solicitude de ambos programas é ata o próximo día 18 de marzo.
Quedamos a súa disposición para ampliar información sobre os diferentes programas de axudas públicas.

Atentamente

En Ferrol, a 18 de febreiro de 2021

CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal