30.07.2020 / Ayudas y Subvenciones
PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

IGAPE AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

O prazo de presentación finaliza o 30 de decembro de 2020 ou cando se produza o suposto de esgotamento do crédito.
FINALIDADE: Subvención a fondo perdido para estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica en Galicia e potenciar o mantemento e creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como, a creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

BENEFICIARIOS POTENCIAIS: Pequenas e medianas empresas que poidan levar a cabo os proxectos, e as actividades que motivan a concesión da subvención. Deberán cumprir os seguintes requisitos:
a)    Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado en Galicia.
b)    Que acheguen para o proxecto unha contribución financeira de polo menos un 25% dos custos subvencionables, mediante recursos propios ou financiamento externo.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO:
1.    Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos de investimentos en activos fixos vinculados as seguintes tipoloxías.
1.1.    Creación dun novo establecemento
1.2.    Ampliación da capacidade dun establecemento existente
1.3.    Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo. O investimento subvencionable deberá superar o 200% do valor neto contable dos activos que se reutilizan.
1.4.    Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente.
1.5.    No sector da hostalaría: novos establecementos hoteleiros coas categorías mínimas indicadas segundo a rexión xeográfica, e en establecementos existentes, para incrementar a categoría segundo o indicado.
2.    A dimensión do proxecto de investimento deberá ser igual ou superior a 50.000.-€ e non superior a 2.000.000.-€, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

CUALIFICACIÓN REQUIRIDA DO PROXECTO
1.    Naqueles casos de subvención ás construcións por cambio de localización en Galicia, o coste subvencionable máximo será o que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos e o valor dos da antiga localización.
2.    A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Para tal efecto, o solicitante deberá ter presentado a solicitude de axuda con carácter previo a iniciar o proxecto.
3.    O período de execución dos investimentos subvencionables rematará no prazo establecido na resolución de concesión, en todo caso, dentro dos 12 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión, sen que poida superarse o prazo establecido nesta.

INVESTIMENTOS E GASTOS COMPUTABLES
1.    Serán subvencionables os investimentos en activos fixos vinculados ao proxecto, segundo os límites máximos establecidos nos módulos do Igape, e que se materialicen nos seguintes:

1º Obra civil (nova construción, reforma ou rehabilitación): acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos, etc.
2º Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas: Unicamente será subvencionable o valor da construción, non será subvencionable o valor do terreo.
3º Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.
4º Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario: En ningún caso vehículos de transporte externo que non teñan consideración de vehículo especial.
5º Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos): empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda, serán activos amortizables, adquiridos a terceiros non vinculados co comprador, permanecerán no establecemento un mínimo de 3 anos,
6º Para os custos de reformas e instalacións en inmobles arrendados, este arrendamento terá unha vixencia mínima de 5 anos dende a finalización do proxecto.
2.    Os activos adquiridos serán novos, excepto no caso de edificacións ou construcións, no que poderán ser usados.
3.    Os bens subvencionables, deberán ser adquiridos en propiedade polo beneficiario
4.    Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados a entidade solicitante ou cos seus órganos directivos.

CONTÍA DAS AXUDAS
A intensidade máxima de axuda será de 30 puntos porcentuais no caso de pequenas empresas e de 20 puntos porcentuais no caso das medianas empresas. A porcentaxe de subvención aprobada será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:
1.    Tamaño da empresa: 24% para pequenas empresas e, 15% no caso de medianas empresas.
2.    Mantemento do emprego en Galicia, en base a cifra de traballadores con contrato indefinido. Concederanse 3%, con carácter xeral, por mantemento de emprego.
3.    Creación de emprego estable en Galicia, en base a creación neta de postos de traballo indefinido durante a execución do proxecto.
Microempresas: 2% pola creación de cada posto de traballo (30% no caso de persoas discapacitadas) e cun máximo de 3%.
Resto de pequenas empresas:1% pola creación de cada posto de traballo (2% no caso de persoas discapacitadas) cun máximo de 3%.
Medianas empresas: 0,5% pola creación de cada posto de traballo (1% no caso de persoas discapacitadas), cun máximo de 2%.

IGAPE – REAVAL CRECEMENTO - PRÉSTAMOS AVALADOS PARA O CRECEMENTO DAS PEMES

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
Préstamos para o crecemento das pemes, co obxecto de favorecer mediante reavais, o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante  estrutural por parte das pemes galegas.
A axuda do Igape consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación avalada, en todo caso, co máximo de 7 anos, en garantía dun máximo do 25% do risco asumido pola SGR.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
A empresa titular deberá formalizar un préstamo a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou capital corrente.
O importe do préstamo a avalar será igual ou superior a 3.000€ e igual o inferior a 1.000.000€.
O prazo mínimo do préstamo a avalar será de 3 anos e non superior a 10 anos, incluída unha carencia dun máximo de 2 anos. A vixencia do reaval, non superará os 7 anos.
O tipo de xuro nominal anual será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle o tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes. O tipo de referencia é euribor a prazo de 6 meses. O tipo adicional, será o que pacten as partes libremente, sen que poida exceder de 2,5 puntos porcentuais.
As comisións máximas por apertura e estudo será do 0,60%, para as comisións de estudo e apertura, a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30€.
As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50% en concepto de comisións de estudo, ata o 1,0% en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e ata o 4% do importe do financiamento avalado en concepto de aportación ao capital social da SGR.
A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao convenio, polo 100% do risco. No caso de operacións de importe superior a 150.000€, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida.

INVESTIMENTOS E GASTOS COMPUTABLES

BENS TANXIBLES cuxo uso previsto sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou para fins administrativos: Terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utillaxe, outras instalacións, mobiliario, equipos para procesos de información e elementos de transporte, así como, outro inmobilizado material que resulte necesario.
BENS INTANXIBLES como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso, e aplicacións informáticas.
CAPITAL CORRENTE o pago dos seguintes gastos: pagos de provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos, pagamentos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións, pagamento de nóminas e seguros sociais, gastos financeiros e primas de seguros asociados a actividades.
Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. En caso de bens usados, poderán ser financiados sempre que se acredite certificado de taxador independente, que o prezo non supera o valor de mercando e é inferior ao custo de bens novos similares.

CONTÍA DAS AXUDAS
O apoio do Igape consistirá nun reaval de ata o 25% do risco asumido polas SGR.
As entidades financeiras adheridas son Caixa Rural Galega, Abanca, Bankinter, BBVA, B. Sabadell, B. Santander e Caixabank.

Descargar documento adjunto

© Cendal