24.02.2020 / Ayudas y Subvenciones
SUBVENCIÓNS COMERCIO

SUBVENCIÓNS PARA A INNOVACIÓN, A DIXITALIZACIÓN E A IMPLANTACIÓN DE NOVAS FÓRMULAS DE COMERCIALIZACIÓN E EXPANSIÓN DO SECTOR COMERCIAL
PERSOAS BENEFICIARIAS: Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que tendo a condición de peme, empreguen a menos de 20 traballadores e non teñan a condición de grande establecemento comercial, cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300m2. Para as actuacións de expansión comercial, deberán exercer a actividade comercial de forma ininterrompida nos últimos 2 anos e, os Obradoiros artesáns figurarán inscritos no Rexistro de Artesanía de Galicia.
Actuacións realizadas dende o 1 de decembro de 2019 e ata o 30 de outubro de 2020.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
1.1    DIXITALIZACIÓN COMERCIAL
a) Implantación e actualización de páxinas web comerciais (máximo investimento web con venda en liña 4.000€, implantación de web máximo investimento 1.000€, actualización de web máximo 800€)
b) Introdución de ferramentas de marketing 4.0: xeolocalización ou big data, publicidade en medios dixitais, ferramentas de realidade aumentada, experiencias en 3D ou probadores virtuais (máximo investimento entre 6.000€ e 2.000€ segundo actuación)
c) Mellora da imaxe dixital: contidos audiovisuais de promoción do produto (investimento máximo de 6.000€)
d) Servizos profesionais de xestión de redes sociais (investimento máximo 9.900€)
e) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa (investimento máximo de 3.000€)
A porcentaxe de subvención será do 80%, agás no suposto das letras b), c) e d), que será do 70%, cos investimentos máximos indicados. Para o conxunto de actuacións de dixitalización o investimento máximo subvencionable é de 28.900€.
1.2    MODERNIZACIÓN INTEGRAL DO LOCAL COMERCIAL INCLUÍDOS NUN PROXECTO DE DECORACIÓN
A)  As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda
B)  Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial
C) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
D) Actuacións conxuntas dun mínimo de 3 establecementos contiguos para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa.
E) Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración (O investimento máximo para esta liña será de 2.000€)
Para o conxunto de estas actuacións A), B), C) e D) o investimento máximo subvencionable será de 30.000€ e o investimento mínimo de 8.000€. A porcentaxe máxima de subvención será entre o 50%, excepto para as letras D) e E) que será do 70%.
1.3    PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL
Só para comerciantes retallistas. Considéranse proxectos de expansión comercial  a apertura dun novo establecemento comercial, baseado no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo. O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo. Deberá incluír un compromiso de contratación de persoal, polo menos, un/ha traballador/a, por un período de un ano.
Considéranse subvencionables as obras de reforma e acondicionamento da superficie de venda, adquisición de moblaxe destinado a mellora da imaxe comercial, mellora da fachada exterior do local, actuacións conxuntas e os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto indicados no punto 2.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 60.000€ e o mínimo de 8.000€. A porcentaxe de subvención será do 50%, agás para os custos dos servizos de elaboración e redacción do proxecto de decoración que será do 70% cun investimento máximo subvencionable de 2.000€.
1.4    OUTRAS ACTUACIÓNS FINANCIADAS: A posta en marcha de tendas efémeras ou eventos pop up, a posta en marcha de concept stores e a adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.
Non se considerarán gastos subvencionables custos de alugamento, obras ou actuacións en baños, permisos, licenzas, artigos de exposición, ordenadores, dispositivos móbiles, TV, reproductores de son, etc.

SUBVENCIÓNS COMERCIO ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ECOINNOVACIÓN
Esta subvención ten por obxecto a concesión de subvencións para a concesión de proxectos ecoinnovadores no sector do comercio para o ano 2020.
BENEFICIARIAS:
Comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, empreguen menos de 50 traballadores, que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE consideradas subvencionables, que a superficie de exposición e venda sexa igual ou inferior a 300 metros cadrados. Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro de Artesanía de Galicia, Asociación de vendedores das prazas de abastos e as asociacións de comerciantes de carácter territorial.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
a. Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, con materiais cen por cen biodegradables. Solucións sustentables de envasado, empaquetado exterior, tanto para seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. En todo caso as bolsas, no caso de seren de plástico, deberán ser compostables. O investimento máximo subvencionable para esta epígrafe será de 4.000€, e a porcentaxe de subvención será do 70%.
b. Economía Circular: Modelos de negocio onde o 70% da oferta sexa de primeira manufactura, venda de produtos elaborados con residuos ou materiais reciclados, recollida de envases no propio establecemento comercial, produtos con etiquetaxe ecolóxica e venda a granel de produtos. A subvención consistirá nunha axuda de 1.500€ por beneficiario.
c. Instalación de máquinas de reciclaxe de envases con incentivos: onde se colleiten envases a cambio de diñeiro ou vales, os beneficiarios son as asociacións de vendedores das prazas de abastos e centros comerciais. O investimento máximo será de 7.000€, cunha porcentaxe máxima do 50%
PRAZOS: Para actuacións realizadas dende o 1 de xaneiro de 2020 e ata o 15 de outubro de 2020

Quedamos a seu dispor para ampliar información sobre estas ou outras convocatorias de subvencións que poidan resultar do seu interese.
Reciban un cordial saúdo
 CENDAL ASESORES
Ferrol a, 21 de febreiro de 2020

Descargar documento adjunto

© Cendal