09.01.2020 / Ayudas y Subvenciones
PROGRAMAS EMPLEO - SUBVENCIONES

PROGRAMA EMPREGA MULLER
Subvención para facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas, inscritas como demandantes de emprego, pola que, as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas. Inclúe o Programa Bono de Contratación e o Programa Bono de Formación.
BONO DE CONTRATACIÓN
1.    No caso de contratación indefinida inicial ou a transformación de contrato temporal en indefinido, a xornada deberá ser a tempo completo, como consecuencia da contratación ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa en Galicia, respecto aos tres meses anteriores a contratación.
As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 12.000€ por cada muller desempregada contratada. A transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo incentivarase cunha contía de 4.000€.
2.    No caso de contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses a tempo completo, ten que incrementar o emprego neto da empresa en Galicia respecto aos tres meses anteriores, serán incentivadas cunha axuda de 6.000€ por cada muller contratada.
3.    No caso de incremento de xornada dun contrato indefinido a tempo parcial a un indefinido a tempo completo, incentivarase cunha contía de 2.000€.
En función do tipo de contratación, do colectivo ao que pertence a muller desempregada e diferentes factores da entidade solicitante, estes incentivos poden incrementarse nun 25%.
BONO FORMACIÓN: Incentivos para as empresas beneficiarias do bono de contratación para as mulleres contratadas a través do programa. Á duración mínima das accións formativas será dun mínimo de 70 horas para contratos indefinidos iniciais e serán incentivados con 4.000€, e de 50 horas para contratos temporais que serán incentivados con 2.000€. Queda excluída teleformación e formación a distancia. Esta axuda percibirase por unha soa muller traballadora formada.

PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE
Subvención para facilitar a inserción laboral das persoas menores de 30 anos desempregadas, inscritas coma demandantes de emprego, que presentan desvantaxes e dificultades para permanecer no mercado de traballo. Inclúe dous tipos de axudas compatibles o Bono de Contratación e o Bono de Formación.
BONO DE CONTRATACIÓN
1.    No caso de contratación indefinida inicial ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa en Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación  e serán incentivadas cunha contía de 6.000€ por cada persoa desempregada. No caso de fixos descontinuos, a contía será proporcional ao tempo de traballo.
2.    No caso de contratacións temporais cunha duración mínima inicial de 12 meses, excepto formación e aprendizaxe, ten que incrementarse o emprego neto da empresa en Galicia respecto aos tres meses anteriores a contratación. Serán incentivados con 3.000€ por cada persoa desempregada contratada.
En función do tipo de contratación, do colectivo ao que pertence a persoa moza desempregada e diferentes factores da entidade solicitante, estes incentivos poden incrementarse nun 25%.

PROGRAMA EMPREGA DISCAPACIDADE E EXLUSIÓN
Os incentivos á contratación por conta allea das persoas traballadoras con discapacidade ou en risco de exclusión social. Inclúe tres tipos de bonos compatibles:
BONO DE CONTRATACIÓN
Subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos. En función do tipo de contratación os incentivos van dende os 16.000€ para as contratacións indefinidas iniciais, ata os 2.000€ para os contratos temporais cunha duración de 3 meses.
BONO INCENTIVO CONTRATACIÓN
As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas baixo esta convocatoria. En función do tipo de contrato realizado as axudas van desde os 2.000€ para contratos temporais con duración mínima de 6 meses, ata os 4.000€ polos contratos indefinidos iniciais.
BONO EMPREGO CON APOIO
Esta liña ten por obxecto subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores laborais que leven a cabo as accións de apoio.

PROGRAMA CONTRATACIÓN PARADOS LONGA DURACIÓN
Subvención para favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados de longa duración (inscrito como demandante de emprego, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores a súa contratación) que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo. Inclúe o Bono de Contratación e o Bono de Formación.
BONO DE CONTRATACIÓN
1.    No caso de contratación indefinida inicial ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa, nos tres meses anteriores a contratación. Serán incentivados cunha axuda de 10.000€ por cada persoa desempregada parada de longa duración contratada. No caso de fixos-descontinuos, a contía da axuda será proporcional ao tempo de traballo.
2.    No caso de contratación temporal cunha duración mínima inicial de 12 meses ten que incrementarse o cadro de persoal neto da empresa en Galicia, respecto aos tres meses anteriores. Estas contratacións serán incentivadas cunha axuda de 5.000€ por cada persoa contratada.
En función do tipo de contratación, do colectivo ao que pertence o parado de longa duración e diferentes factores da entidade solicitante, estes incentivos poden incrementarse nun 25%.
 O prazo para realizar as solicitudes de axuda polos contratos realizados nos distintos programas de emprego, dende o 1 de outubro de 2019 e ata o día 7 de xaneiro de 2020, teñen que solicitarse con anterioridade ao 6 de marzo 2020. As contratacións realizadas a partir do 7 de xaneiro, deberán facer a solicitude da axuda ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral. O prazo para realizar as solicitudes de axuda rematará o 30 de setembro de 2020.
Quedamos a seu dispor para ampliar información sobre estas ou outras convocatorias de subvencións que poidan resultar do seu interese.

Reciban un cordial saúdo
CENDAL ASESORES, SL
Ferrol a, 9 de xaneiro de 2020

Descargar documento adjunto

© Cendal