08.02.2019 / Ayudas y Subvenciones
SUBVENCIONES FEBRERO 2019

CIRCULAR SUBVENCIÓNS E AXUDAS 2019
1. CONSELLERÍA EMPREGO: Fomento do emprego nas pequenas empresas de nova creación
2. CONSELLERÍA EMPREGO: Axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo
3. AGADER: Adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas
4. IGAPE: Proxectos de investimento empresarial
5. AXENCIA GALEGA INNOVACIÓN: Mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia
..........................................................................................................................................................
1. FOMENTO E CONSOLIDACIÓN EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESAS
PROGRAMA I: PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN
OBXECTO: Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (dende 01/08/2018) que xeren emprego estable para persoas desempregadas, principalmente mulleres, persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, con especial atención a os concellos do rural galego.
TIPOS DE AXUDA:
a) Subvención a xeración de emprego estable: Pola creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas, ata un máximo de 10, cada un deles coa contía de 2.000€ por desempregado en xeral.
Cada posto de traballo estable incentivarase con 4.000€ para desempregados dos seguintes colectivos: desempregados de longa duración, discapacidade, risco de exclusión social.
Estas contías base incrementaranse nun  25% nos seguintes casos: muller, centro de traballo nun concello rural, maiores de 45 anos, emigrantes retornados e persoas trans.
A contía máxima posible sería de 9.000€.
Para os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 1 de agosto de 2018 e ata o 31 de xullo de 2019.
b) Subvención para a formación: Para financiar parcialmente a formación relacionada coas funcións xerenciais da persoa promotora ou a formación directamente relacionada coa actividade que van a desenvolver. A contía será de ata o 75% do custo da formación recibida, cun límite máximo de 3.000€.
c) Subvención para o inicio da actividade: Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de ata 2.000€ por cada emprego subvencionable e, ata un máximo de dez. Estas contías serán incentivadas segundo o indicado no punto a).
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras: Concederase unha subvención do 75% do custo de gardaría, ata un máximo de 3.000€, que sexan titulares de familias monoparentais ou nas cales os dous cóxuxes realicen unha actividade laboral e estean de alta no réxime de autónomos ou na Mutua.

PROGRAMA II: AXUDAS ÁS INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA – IEBT
OBXECTO: Incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
TIPO DE AXUDA: Subvención á creación directa de emprego estable, para a contratación de persoal técnico de alta cualificación e axuda para a posta en marcha da actividade.
2. FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO
OBXECTO: Promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais. Serán subvencionables as actuacións formalizadas entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

PROGRAMA I: PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO
BENEFICIARIOS: As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego que causen alta no réxime de autónomos ou en mutualidade ou mutualidade de colexio profesional.
CONTÍA DA SUBVENCIÓN: Unha subvención de 2.000€ para persoas desempregadas en xeral, e de 4.000€ cando as persoas desempregadas pertenzan a algún dos seguintes colectivos, menor de 30 anos, parados de longa duración, discapacidade, risco de exclusión social. A contía base incrementarase nun 25% nos seguintes casos, a persoa incorporada é muller, centro de traballo nun concello rural, emigrante retornado, maior de 45 anos, persoas trans. A contía máxima sería de 9.000€.

PROGRAMA II: CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS
BENEFICIARIOS: As persoas traballadoras autónomas ou profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o primeiro ano de actividade, e pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
CONTÍA DOS INCENTIVOS: Pola primeira persoa traballadora a axuda consistirá nunha contía de 3.000€, de aplicarse os posibles incrementos podería chegar ata os 11.250€. A axuda pola segunda e terceira contratación consistirá nunha contía de 5.000€, e de aplicarse os posibles incrementos podería chegar a 15.750€.

3. ADQUISICIÓN DE MAQUINARÍA E EQUIPAMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS
OBXECTO: Axudas destinadas a mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, mediante o apoio á adquisición de maquinaria e equipamentos novos necesarios para o desenvolvemento da actividade da empresa.
BENEFICIARIOS: As microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2018, persoas físicas que residan nunha zona rural que estean de alta en autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2018 e titulares dunha explotación agraria ou membros da unidade familiar que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
REQUISITOS A DESTACAR: Que os proxectos non estean iniciados na data da presentación da solicitude da axuda, que se desenvolvan en Galicia, deberá mellorar o rendemento global da empresa solicitante, quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 10.000€ ou superior a 220.000€.
INTENSIDADE DA AXUDA: Será do 45% dos gastos subvencionables.
PRAZOS: O prazo para realizar a solicitude da axuda será ata o 28 de febreiro, o prazo para executar e xustificar os investimentos será o 1 de outubro de 2019.

4. PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL
Serán subvencionables os proxectos de investimento en activos fixos que respondan as seguintes tipoloxías: Creación dun novo establecemento, ampliación de capacidade dun establecemento existente, diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían nel e transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente.
BENEFICIARIOS: Pequenas e medianas empresas que leven a cabo un investimento nun centro de traballo de Galicia, e que o proxecto de investimento deberá ser igual ou superior a 50.000€ e non superior a 2.000.000€. Que realicen unha das actividades incluídas no anexo II das bases reguladoras.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES: Obra civil, adquisición de edificacións ou construcións, bens de equipamento, activos fixos materiais incluíndo mobiliario e activos intanxibles. Figurarán no activo da empresa por un período mínimo de 3 anos. Ningún dos custos alegados poderán ser incorridos con carácter previo a solicitude da axuda.
CONTÍA DA AXUDA: A intensidade máxima de axuda será dun 30% para pequenas empresas e dun 20% no caso de medianas empresas. O prazo máximo de execución rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de setembro de 2021.
PRAZOS: O prazo para realizar a solicitude de axuda será ata o 30 de decembro de 2019 ou ata o esgotamento do crédito.

5. PROXECTOS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS
Serán actividades subvencionables as incluídas nun plan de innovación que permita implementar ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa ou, que impliquen actividades de innovación destinadas a corrixir deficiencias de mercado ou que supoñan innovación en materia de procesos ou en materia de organización. O orzamento subvencionable será dun mínimo de 80.000€ e dun máximo de 200.000€. A intensidade da axuda prevista e dun máximo do 50%.
O prazo de solicitude de axuda é ata o próximo día 8 de abril de 2019.
Quedamos a seu dispor para ampliar información sobre estas e outras convocatorias de axudas e subvencións que poidan resultar do seu interese.
Reciban un cordial saúdo
CENDAL ASESORES

Ferrol a, 8 de febreiro de 2019

Descargar documento adjunto

© Cendal