15.05.2018 / Ayudas y Subvenciones
CONCILIACION AUT?NOMOS

AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA MATERNIDADE OU PATERNIDADE DOS AUTÓNOMOS

BENEFICIARIOS

As persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da S. Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos, que teñan o seu centro de traballo en Galicia e gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que, no prazo dos 15 días seguintes ao da súa finalización, contraten unha persoa traballadora por conta allea.

Tamén serán beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións, respecto aos autónomos societarios.
OBXECTO
A concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, contraten unha persoa para ampliar a súa conciliación da vida familiar e laboral. Permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación durante dezaseis semanas máis para a contratación dunha persoa, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do proxecto empresarial.

ACCIÓN SUBVENCIONABLE E IMPORTE DA SUBVENCIÓN
Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 1 de novembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018. O importe da subvención para compensar esta contratación será do 100% da cota empresarial da S. Social, incluída a de accidentes de traballo e enfermidades profesionais correspondente á persoa contratada durante un máximo de 16 semanas.

OUTROS

- REQUISITO: no prazo dos 15 días naturais seguintes ao da finalización da baixa por maternidade ou paternidade débese realizar un contrato en calquera modalidade.
- REQUISITO: Estar ao día das obrigas coas administracións públicas. E comunicar calquera variación ou modificación das condicións.
- EXCLUSIÓNS: Contratacións co cónxuxe, ascendentes, descendentes, e demais parentes, ata segundo grao inclusive.
- DOC. A PRESENTAR: Informe de vida laboral do código de conta de cotización da entidade do mes no que se realiza a contratación, Relación nominal das persoas traballadoras e recibo de liquidación da Tesourería do mes da contratación e Resolución da S. Social respecto ao período de baixa do autónomo.


CENDAL ASESORES, SL
En Ferrol a, 15 de maio de 2018

Descargar documento adjunto

© Cendal