10.04.2018 / Ayudas y Subvenciones
AXUDAS DEPUTACI?N A CORU?A

SUBVENCIONES DEPUTACIÓN A CORUÑA - PEL EMPRENDE ACTIVIDADES 2018

BENEFICIARIOS

Persoas físicas e xurídicas promotoras de iniciativas empresariais, no ámbito provincial da Coruña e, cunha antigüidade máxima de 10 anos.

FINALIDADE E OBXETO
 Axudas para a realización de novos proxectos nos que se subvencionarán actividades e/ou actuacións de consultaría, titorización, formación e/ou mentorización relacionadas coa mellora ou implantación de medidas de responsabilidade social empresarial, marketing e comunicación, e expansión de mercados. Medidas destinadas a implantar cambios e/ou ideas innovadoras que supoñan unha clara diversificación da actividade na empresa e incidan positivamente na  mellora do posicionamento da empresa.

Subvencionaranse os gastos relativos a colaboracións externas, asistencia técnica, gastos externos de auditoría, consultaría, titorización, mentorización, formación e actividades ou actuacións relacionadas con melloras nos seguintes ámbitos:




CONTÍAS E CONCEPTOS DE GASTOS SUBVENCIONABLES

As actividades para desenvolver deberán ser realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2018. As entidades poderán presentar un orzamento mínimo de gasto de 2.500€ e máximo de 6.000€ (excluído IVE), o coeficiente máximo a solicitar e dun 80%, de forma xeral o importe máximo a conceder de 4.800€.

Esta contía incrementarase nun 5% sobre a axuda solicitada, nos seguintes supostos, que a persoa promotora sexa muller, no caso de discapacidade igual ou superior ao 33% e, no caso de que o centro de traballo estea situado nun concello menor de 20.000 habitantes. O importe máximo a conceder de acumularse estes supostos sería de 5.520€.

O concepto do gasto subvencionable nesta liña será o seguinte:

CONTA

DESCRIPCIÓN DA CONTA

623

Servizos profesionais independentes

(Contratacións externas para a realización de actividades relacionadas cos ámbitos de actuación)


XUSTIFICACIÓN E PAGO DA SUBVENCIÓN
O prazo de xustificación das subvencións será o 28 de febreiro de 2019. O pago da subvención será realizado nun único pago, despois da presentación da documentación xustificativa (declaración gastos, memoria actividades, publicidade, facturas, etc.). No caso de que as facturas non estivesen pagas no momento da presentación da documentación xustificativa, o prazo para o pago das facturas correspondentes aos gastos realizados será de 1 mes dende o ingreso da subvención.

Quedamos a seu dispor para ampliar información sobre esta e outras convocatorias de axudas públicas que poidan resultar do seu interese.

Atentamente,

CENDAL ASESORES, SL
En Ferrol a, 10 de abril de 2018

Descargar documento adjunto

© Cendal