16.01.2018 / Ayudas y Subvenciones
IGAPE - AXUDAS ? DIXITALIZACI?N DA INDUSTRIA 4.0

IGAPE
AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN DA INDUSTRIA 4.0

Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou, a interconexión dixital de procesos. Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos colectivos, nos que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
b) Proxectos individuais, nos que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1. Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implementación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
2. Implementación de sistemas especificamente no ámbito da produción e loxística encamiñados a dixitalización de procesos, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados mediante sensórica.
3. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomos.

Os proxectos colectivos terán preferencia sobre os proxectos individuais.

CONCEPTOS DE GASTOS SUBVENCIONABLES

A) Investimentos materiais novos e/ou inmateriais adquiridos en propiedade. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina agás elementos informáticos.
B) Colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto.

BENEFICIARIOS: Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas, que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.
INTENSIDADE DA AXUDA: A subvención será do 30% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para pequenas empresas, e do 20% para medianas empresas.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
1ª CONVOCATORIA: o prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación no DOG e rematará o 15/03/2018
2ª CONVOCATORIA: comezará o 01/06/2018 e rematará o 05/09/2018

Quedamos a seu dispor para ampliarlle máis información sobre esta e outras convocatorias de axudas que poidan resultar do seu interese.

Atentamente,
En Ferrol a, 15 de xaneiro de 2018
CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal