19.04.2017 / Ayudas y Subvenciones
IGAPE SUBVENCIONES EMPRENDEDORES

PROXECTOS OBXECTO DE APOIO
Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como, os proxectos de investimento para a ampliación de pemes xa creadas (que non teñan unha antigüidade superior a 42 meses, segundo alta censual e escritura de constitución).

REQUISITOS DOS PROXECTOS
- Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda
- Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000€ e non superior a 500.000€, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión.
- Os gastos e/ou investimentos terán que estar localizados no centro de traballo en Galicia.

BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea, que cumpran as seguintes condicións:
- A composición do capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia na data de presentación da solicitude. A participación no capital de persas desenvolvendo outras actividades non poderá exceder conxuntamente o 49%.
- Antigüidade na actividade empresarial: no caso de autónomos, a data de alta censual non poderá ter unha antigüidade superior a 42 meses e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto. No caso de sociedades, tanto a data de constitución como a súa alta censual, non poderán ter unha antigüidade superior a 42 meses.
- Contribución financeira exenta de axudas públicas: os beneficiarios deberán achegar polo menos, un 25% do importe do proxecto de investimento.
- Nos subsectores de hostalaría, restauración e hospedaxe, os proxectos subvencionables limitaranse aos de ampliación dun establecemento existente ou cambio substancial do establecemento, salvo que se trate de proxectos de creación dun novo establecemento para actividades de turismo activo, balnearios ou talasos.

CONDICIÓNS DOS CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
a. Investimentos realizados en:

 1. Obra civil para construción, reforma ou rehabilitación de instalacións en bens inmobles en propiedade, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable.
 2. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior e equipamentos de protección do ambiente.
 3. Outros investimentos en activos fixos mobiliarios
 4. Activos inmateriais, tales como dereitos de patentes, licenzas, know how e coñecementos técnicos non patentados

b. Gastos de investigación e desenvolvemento e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.
c. Os gastos de aluguer de bens inmobles, ata un prazo de dez meses.
d. Os gastos do informe auditor que fai referencia nas bases.
e. Os gastos de reforma de instalacións en bens arrendados, segundo os módulos do Igape.
f. Adquisición de activos pertencentes a un establecemento cando se cumpran as seguintes condicións:
- Que o establecemento pecharía se non fose adquirido
- Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador
- Que a operación teña lugar en condicións de mercado
Cando un membro da familia do propietario inicial ou un empregado se faga cargo dunha pequena empresa, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. O dito prazo iniciarase coa presentación da solicitude e finalizará na data establecida na resolución de concesión.

Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade.

O investimento en inmobles terá que ser mantido, vinculado á actividade, polo menos, 5 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto e o resto do investimento, polo menos, 3 anos desde a finalización de dito prazo. O investimento subvencionado, poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade se manteña en Galicia durante este período.

No caso de reforma de inmobles arrendados, o contrato de arrendamento deberá ser por un período mínimo de 5 anos.

Todos os investimentos  deberán realizarse en bens novos, excepto no caso de adquisición de activos pertencentes a un establecemento que cumpra os requisitos establecidos.

INTENSIDADE DA AXUDA

Con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 25% dos investimentos subvencionables e ata o 35% se o beneficiario é unha pequena empresa, agás os gastos de adquisición dun negocio existente, que poderá chegar ao 10% no caso de medianas empresas e ao 20% no caso de pequenas empresas.

PRAZOS PRESENTACIÓN SOLICITUDES

CONVOCATORIA     INICIO PRAZO SOLICITUDES    FIN PRAZO SOLICITUDES
   2017.1                                 ABERTO                                      20.06.2017
   2017.2                                30.06.2017                                    29.09.2017
   2017.3                                10.10.2017                                    30.11.2017

Quedamos a seu dispor para ampliar máis información sobre estas e outras convocatorias públicas que poidan resultar do seu interese.

Un saúdo

En Ferrol a, 19 de abril de 2017
CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal