29.09.2011 / Ayudas y Subvenciones
COMERCIO PROMOCIÓN SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

   A consellería de Economía e Industria publica a Orde pola que se regulan as axudas para promover a sociedade da información no comercio retallista galego.

   Estas axudas teñen por obxecto promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego, mediante a adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos.

   Cada unha das subvencións acadará o 70% do investimento subvencionable, co límite máximo e nas condicións para cada modalidade.

   Os conceptos subvencionables, segundo modalidade de subvención, son os seguintes:

MODALIDADE A: Adquisición dun ordenador.
MODALIDADE B: Paquete software de xestión.
MODALIDADE C: Páxina web comercial.
MODALIDADE D: Periféricos e outros compoñentes.
MODALIDADE E: Paquete TPV integrado


   O prazo de presentación de solicitudes quedará aberto a partir da publicación no DOG das entidades colaboradoras, e permanecerá aberto ata o 20 de decembro.

   As entidades solicitantes deberán cumprir requisitos tales como, estar ao días das obrigas tributarias e coa seguridade social, estar inscrito no Rexistro Galego de Comercio, pertencer aos epígrafes do IAE marcados como subvencionables, dispoñer dunha superficie de venta ao público inferior a 150m2 e non superar os dez traballadores entre outros.

Descargar documento adjunto

© Cendal