18.03.2010 / Ayudas y Subvenciones
SUBVENCI?NS A MODERNIZACI?N DE COMERCIOS RURAIS DE GALICIA

OBXECTO

Promocionar e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados nas zonas rurais de Galicia nas diversas rutas do Camiño de Santiago (Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira, Neda, Pontedeume, Monfero, etc).

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Terán consideración de actuacións subvencionables as realizadas e efectivamente pagadas desde o 12 de marzo de 2010 e, a data de xustificación dos investimentos, o 30 de outubro de 2010.

- Custo das obras e/ou ampliación do local.

- Custo de adquisición de mobles, elementos de decoración e calquera outro equipamento comercial, con exclusión de equipamento informático, fotocopiadoras, etc.

- Deseño e execución de campañas publicitarias ou promocionais.

- Adquisicións de vehículos de ata 3.500Kg de pma, para uso exclusivo da actividade e debidamente rotulado. Subvención máxima a fondo perdido do 20%.

Quedan expresamente excluídas a adquisición de locais, obras realizadas en almacéns, oficinas, que non se destinen a superficie de venda. Elementos de uso profesional, fondos de comercio, bens usados, mercadorías, etc.

FINANCIAMENTO

Para poder optar a axuda establécese unha contía mínima de investimento subvencionable de 1.500€. O investimento máximo  subvencionable será de 50.000€.

As axudas consistirán nunha subvención a fondo perdido de ata o 50% do investimentos subvencionable. Estas axudas veranse incrementadas ata o 70% no caso daqueles comerciantes cuxo establecemento estea nalgunha das rutas do camiño de Santiago.

Ferrol, 18 de marzo de 2010

Descargar documento adjunto

© Cendal