09.02.2009 / Ayudas y Subvenciones
FINANCIAMENTO PEMES

LIÑAS DE APOIO AO ACCESO E ADECUACIÓN AO FINANCIAMENTO DAS PEMES

Os beneficiarios son pequenas e medianas empresas que teñan erradicado algún centro de traballo na comunidade autónoma de Galicia, persoas físicas, comunidades de bens, ou calquer outro tipo de unidade económica ou patrimonio.

1. PROGRAMA DE APOIO AO CIRCULANTE

REQUISITOS

Formalizar unha nova póliza de crédito ou prestamo que se dedique ao financiamento do activo corrente,

CONTÍA DAS AXUDAS


Importe máximo subsidiable: 600.000€   Importe mínimo atendible: 3.000€


O prazo máximo de amortización en calquera das modalidades será de tres anos. Non obstante, na modalidade de póliza de crédito a subsidiación de xuros limítase ao primeiro ano de vixencia.

Tipo de xuro nominal anual:  Euribor a 6  meses + tipo adicional pactado entre as partes.

Axuda do Igape:  Subsidiación ao tipo de xuro dun máximo de 1,50 puntos porcentuais no caso de operacións avaladas por unha SGR e 2,00 puntos no resto dos casos.  Subvención da comisión do aval financeiro prestado pola SGR.

Subvención do 50% da comisión de estudo da SGR e apertura da entidade financeira.

A axuda financeira que se conceda pagarase dunha soa vez.

2. PROGRAMA DE REFINANCIAMENTO DE PASIVOS

Financiamento que se destine a cancelación ou modificación de pasivos financieiros con vencemento a curto e medio prazo.  Entenderanse por pasivos financeiros refinanciables, os seguintes:  Pólizas de préstamo ou crédito e contratos de leasing con vencemento non superior a 3 anos a partir da data de solicitude da axuda no Igape.

Non se establece prazo máximo de amortización. Non obstante, a subsidiación calcularase para un préstamo teórico a 7 anos.

 

Descargar documento adjunto

© Cendal