03.02.2009 / Ayudas y Subvenciones
PROMOCI?N DO EMPREGO

Comprácenos presentarlle as axudas presentadas pola Consellería de Traballo para incentivar a creación e a xeración de emprego.

PROGRAMA PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO: Promover proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo, como autónom@s ou por conta propia, ás persoas desempregadas. Axudas dende 5.000€ ata 10.000€ segundo o colectivo.

AXUDAS A CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PARADOS DE LARGA DURACIÓN: Promover as contratacións indefinidas iniciais realizadas con parados de longa duración. Axudas dende 6.000€ ata 14.000€.

PROGRAMA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE MULLERES: Axudas a contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado igualitario. Axudas dende 3.000€ ata 9.000€.

PROGRAMA DE FOMENTO DA CONTRATACIÓN DE MOZOS E MOZAS:  Promover a adquisición de experiencia laboral a aqueles mozos e mozas que se atopen desempregados. Axudas dende os 1.000€ ata os 7.500€.

PROGRAMA DE INCENTIVOS A PLANS DE ESTABILIDADE LABORAL: Fomentar a creación e consolidación do emprego fixo e de calidade.

Quedamos a seu dispor para informarlle sobre os requisitos desta ou doutras convocatorias de axudas públicas.

Descargar documento adjunto

© Cendal