03.02.2009 / Ayudas y Subvenciones
AXUDAS POR DANOS CAUSADOS POLO TEMPORAL
A Consellería de Industria presenta as axudas por danos provocados polo temporal acaecido en Galicia a partir do día 23 de xaneiro, nos establecementos turísticos, comerciais, industriais e mercantís.
BENEFICIARIOS
Os titulares de establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantil incluídos no ambito competencial da Consellería de Industria nos que se producisen danos.
Para estes efectos consideránse os danos causados en edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías neles depositadas, así como, os vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes e ata o 3 de marzo de 2009.
FINANCIAMENTO
A Consellería poderá conceder unha subvención por importe de ata o custo da reparación ou reposición dos danos ocasionados en función das dispoñibilidades orzamentarias e do número de solicitudes
Quedamos a seu dispor para informarlle sobre os requisitos desta ou doutras convocatorias de axudas públicas.
|