20.10.2008 / Ayudas y Subvenciones
AXUDAS AO SALVAMENTO E REESTRUCTURACI?N DE EMPRESAS EN CRISE

AXUDAS DE SALVAMENTO E REESTRUCTURACIÓN DE EMPRESAS EN CRISE


OBXECTIVOS: Favorecer a volta a viabilidade técnica e económica das empresas galegas que se atopen nunha situaciación de crise.

BENEFICIARIOS: Empresas galegas que, atopandose nunha situación de dificultade e sendo incapaces de reestructurarse cos seus propios recursos, pretendan acometer un plan de reestructuración que asegure súa viabilidade futura. REQUISITOS (cumprir polo menos un):

- Sociedades limitadas nas que teña desaparecido máis da metade do seu capital suscrito e se teña perdido mais dunha cuarta parte deste nos últimos 12 meses.


- Sociedades ilimitadas.


- Reunir as condicións para someterse a un procedemento concursal.


- Estean presentes os síntomas habituais de crise como o nivel crecente de perdas, diminución do volume de negocio, incremento das existencias, etc.

CONSULTAR ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

TIPOS DE APOIOS:

1. AXUDAS DE SALVAMENTO:  Poderán consistir na concesión de garantías sobre préstamos ou créditos a curto prazo, necesarios para o mantemento operativo da actividade da empresa e para financiar as medidas estructurais urxentes para deter ou reducir a deterioción da situación, en tanto se elabora o seu Plan de Reestructuración.

2. AXUDAS DE REESTRUCTURACIÓN:

2.A. Garantías sobre préstamos ou créditos.

2.B. Subvención a fondo perdido dos gastos financieiros de prestamos dedicados a reestructuración de pasivos e/ou á ampliación de capital que sexan necesarios segundo o citado plan.

2.C Subvencions a fondo perdido dos gastos de consultoría ou contratación dunha xerencia profesionalizada, necesarios para o desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa capacidade cando así estea recollido no plan.

2.D Subvención a fondo perdido dos custos externos de elaboración do plan de reestructuración de empresas, cando se comprobe que a empresa non está en condicións de soportar os ditos custos.

 
1. AXUDAS DE SALVAMENTO

O Igape poderá conceder garantías en cobertura de operacións de crédito ou préstamo.

O destino do préstamo ou crédito será o financiamento dos gastos de funcionamento e o seu importe restrínxirase ao estrictamente necesario para manter a empresa en funcionamento ata a presentación dun Plan de Reestructuración ou de Liquidación de esta.

NON PODERÁ CONCEDERSE UNHA AXUDA DE SALVAMENTO PARA REESTRUCTURACIÓNS FINANCIEIRAS (Base 5ª).

O prazo de amortización dos préstamos garantidos non poderá superar os 6 meses.

2. AXUDAS A REESTRUCTURACIÓN


Teñen por obxecto restablecer a viabilidade a longo prazo da empresa con base nun plan de reestructuración elaborado para tal efecto.

 2.A. Garantías sobre préstamos: O Igape poderá conceder garantías en cobertura de operacións de crédito ou préstamo. O importe máximo de cobertura do aval con carácter xeral non excederá o 70% do importe do préstamo garantido.

 2.B. Subvención a fondo perdido dos gastos financieiros:

- Préstamos a longo prazo destinados a reestructuración de pasivos. A contía da operación subsidiable determinarase en función das previsións de tesouraría.

- Préstamos a longo prazo destinados a ampliación de capital das sociedades en crise.

2.C. Subvención a fondo perdido dos gastos de consultoría e/ou contratación dunha xerencia profesionalizada polo tempo estrictamente necesario para abordar o plan, máximo 2 anos, sempre e cando se desprenda do plan a necesidade de acometer actuacións dirixidas a restablecer a súa capacidade competitiva.

2.D. Subvención a fondo perdido dos custos externos de  elaboración do plan de reestructuración de empresas en crise acollido as bases da convocatoria, cando se comprobe que a empresa non está en condicións de soportar ditos custos.

Criterios de concesión: Localización, sector, Impacto do peche  e necesidade de apoio.

Descargar documento adjunto

© Cendal